Bruxelas, 03 Setembro 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, quixo encetar a comparecencia en rolda de prensa da mañá deste xoves en Bruxelas amosando “a total solidariedade e apoio do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea ás mobilizacións que está a levar adiante o sector leiteiro europeo”, salientando especialmente “a loita que está tendo lugar hoxe en Lugo e a tractorada que terá lugar a vindeira semana en Compostela”.
Tras a exposición por parte da canadense Diane Dowling -presidenta da National Farmers Union (NFU) Local 316- e o colombiano Néstor Alfredo Díaz -presidente da Federación Nacional Sindical Unitaria Agropecuaria (FENSUAGRO)- dun pequeno resumo das intervencións realizadas este mércores no marco do seminario internacional “Impacto da liberalización do sector lácteo en Europa: Que futuro?”, Senra tomou a palabra para reivindicar como “imprescindíbel” o control da produción leiteira e a fixación de prezos mínimos en orixe.
A eurodeputada de AGEe reiterou a inoperancia dos “malos parches” aplicados até o momento para facer fronte á grave situación de inestabilidade do sector nestes últimos anos, tales como o denominado ‘paquete lácteo’, que cualificou de “auténtico fracaso”, xa que os contratos “están feitos á medida das empresas, que deciden o que fan co contrato, e nos estados nos que é obrigatorio a situación é inda peor”.
Asemade, salientou a “falsidade” da proposta incluída neste paquete de crear asociacións de produtores/as para supostamente favorecer a capacidade negociadora, unha medida que para a eurodeputada galega o que procura é “desposuír ao sector dos instrumentos que ten para negociar políticas”, por unha parte desprazando as organizacións sindicais agrarias e, por outra, porque “ao desarticular a política pública e deixar o prezo en mans do mercado dá igual as negociacións que teñamos, non haberá forza no sector.”
O modelo de liberalización do sector lácteo “transita cara un futuro onde 10.000 explotacións producirán o que a dia de hoxe producen 650.000 en toda Europa”, afirmou, como tamén se deixa ver no estudo[ presentado na mañá deste xoves ás gandeiras e gandeiros galegos que acudiron ao seminario, no que unha das conclusións é que “a produción láctea concentrarase no norte, e os estados dos Sur da Unión Europea van perder produción porque non poderán aguantar esta concentración”. No Estado español, proseguiu, “o meu país, Galiza, produce practicamente o 50%, polo que temos a certeza de que tanto Galiza como en xeral a cornixa cantábrica será a grande afectada, inda que tamén están en risco a meirande parte das pequenas e medianas explotacións europeas”.
Facendo fronte aos argumentos políticos e institucionais que plantexan a inexistencia dun escenario alternativo, Lídia Senra retomou as propostas postas onte enriba da mesa pola Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC) e o European Milk Board (EMB) salientando que “é posíbel unha política leiteira pública que reduza a produción adecuándoa á demanda; é posíbel redistribuír o dereito a producir; é posíbel situar o prezo en orixe no centro da política e tamén é posíbel producir cun modelo diferente que poña fin ao ‘sinsentido’ de estar importando soia e cereais dos países do Sur para producir excedentes europeos que logo, subvencionados con cartos públicos, van voltar ao mercado internacional”, un proceso que destrúe á pequena e mediana explotación europea e en todo o mundo.
“Por iso queriamos dotar dunha dimensión internacional a este seminario”, abondou, “para amosar aos partidos políticos e á sociedade que os medianos/as e pequenos/as labregos e labregas a nivel mundial non competimos entre nós, que a competencia está no modelo de produción.”
Como é sabido, a día de hoxe os prezos do mercado mundial son artificiais, sostidos cun dumping -venta por embaixo de custos produtivos- que facilita que o negocio agroexportador “teña unha materia prima barata a costa da sociedade e do pequeno e mediano campesiñado”.
Dende o grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), “seguiremos adiante loitando por esta nova política, e levando adiante propostas solidarias e imaxinativa que veñan de organizacións críticas.” A día de hoxe, concluíu, “non hai solución de futuro que non pase por voltar á política leiteira pública.”



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



