Mondoñedo, 3 de agosto de 2015.- O edil de Servizos, Urbanismo e Obras, José Otero Rejes, amosou este xoves a súa sorpresa ante as declaracións feitas polos nacionalistas locais que “en oito anos de goberno esqueceronse do coidado e mantemento de Mondoñedo. Non están lexitimados para dar leccións en limpeza das rúas, despois do estado de abandono no que nos deixaron a cidade”.
“Pouco tempo lles fixo falta para esquecérense da súa falta de xestión”, manifestou o edil, quen criticou “o atrevemento dos nacionalistas” á hora de cuestionar as accións que está a desenvolver o actual Goberno local dirixidas á limpeza e ao desbroce tanto no casco urbano como no rural. “Parece que lles molesta que se traballe”, matizou.
Otero Rejes lembrou que, xa na primeira semana con responsabilidades de goberno, os populares actuaron nun total de 20 quilómetros de rutas e camiños. “Traballamos nas rutas da Auga, do Salto do Coro en Sete Voltas, así como en parte do Camiño Norte”, enumerou o concelleiro.
Ademais, en só dous meses procedeuse á limpeza de rúas como son a Avenida de Bos Aires, a Avenida Eladio Lorenzo, a Avenida de Ferrol ou as rúas da Fonte Vella, Viñas da Veiga, Rocha de Vélez, Os Castros, da Ponte, Casas Novas, Imprenta, Julia Pardo, Pardo de Cela, José María Pardo, Álvaro Cunqueiro, Muíños de Arriba e Muíños de Abaixo, así como no monumento da Fonte Vella “que se atopaba nun estado deplorable sen limpeza de moitos meses”, e mesmo na Praza do Concello, na de San Juan, na do Seminario ou no parque infantil.
Otero Rejes asegura que todos estes traballos de limpeza que lle “parecen insuficientes aos nacionalistas, foron traballos de limpeza profunda, de vexetación herbácea que levaba máis de 4 e de 5 meses sen ningún tipo de mantemento e en absoluto abandono”.
O edil pídelles aos nacionalistas que antes de redactar queixas “mellor que se informen xa que, por exemplo, fai dous días que se procedeu a limpar o interior da zona verde da Escola Infantil e hoxe iniciouse a do C.E.I.P Álvaro Cunqueiro, que se rematará nos próximos días”.
Respecto ás queixas veciñais sobre o forte cheiro dos colectores, Otero Rejes lémbralle ao BNG que “en todos os casos dos que o Goberno local tivo constancia, se procedeu á substitución dos contedores por uns novos”. Polo tanto, o edil conclúe ao asegurar que “todas as actuacións están a vista”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



