Lugo, 4 de setembro de 2015.- O Grupo Provincial Socialista esixe á Presidenta e ao Secretario da Deputación explicacións sobre a “chapuza” realizada coa publicación dos bens e actividades dos 25 membros da Corporación Provincial, como máximos responsables políticos e administrativos en custodiar e facer pública esta documentación, tal e como estable a Lei. O Deputado Provincial do PSOE, Álvaro Santos Ramos, adiantou que este venres se presentaron no Rexistro Provincial dúas solicitudes para que a Presidenta e o Secretario emitan cada seu informe “no que se depuren responsabilidades ante o reiterado incumprimento da Lei”.
Esta petición ten lugar logo de que Candia ocultase toda a información sobre os bens e actividades dos Deputados, infrinxindo a Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como o propio Regulamento Orgánico da Deputación. Tras denuncialo o PSOE, só se publicou a información relativa aos bens, é dicir nunca se fixo pública a de actividades, na web provincial e non así no BOP. Ademais, incluíronse datos estritamente persoais e protexidos pola lei, como números de contas bancarias, direccións postais completas ou matrículas de vehículos dos Deputados. Isto supuxo a retirada desta publicación, posto que se estaba a incumprir coa Lei de Protección e Datos. Por este motivo, hoxe non hai ningunha información ao respecto en www.deputacionlugo.gal.
Solicitude de informe á Presidenta
Os socialistas piden a Candia, como máxima mandataria da Deputación de Lugo, un informe no que se recollan as seguintes cuestións:
-Responsable do Goberno Provincial do cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, no relativo á publicación das declaracións de bens, rendas e actividades dos membros da Corporación, tanto na sede electrónica provincial como no BOP.
-A existencia de autorización dos Deputados para a publicación desta información. De ser así, data de solicitude e sinatura da mesma.
-A existencia de expediente de resolución das publicacións e se conta con algún tipo de informe xurídico, técnico e/ou legal sobre a lexislación aplicable a este procedemento. De ser así, o contido do mesmo.
-A entrega por parte da Secretaría Xeral da declaración de bens, rendas e actividades dos Deputados, presentadas ante o Secretario e asinadas ante el (como imperativo previo á toma de posesión dos mesmos como mesmos) a outros departamentos ou entidades. De terse producido, a trazabilidade dos documentos e o tratamento da información contida nos mesmos para a súa publicación na sede electrónica provincial e no BOP.
-A supervisión do Goberno Provincial e da Secretaría Xeral do contido das declaracións de bens, rendas e actividades publicadas e posteriormente retiradas na sede electrónica provincial e a súa suxeición á lexislación vixente.
Solicitude de informe ao Secretario
Os socialistas piden ao Secretario, como responsable legal da custodia das relacións de bens e actividades dos Deputación, segundo recolle o artigo 30 do Regulamento Orgánico da Deputación, outro informe. Para que isto se produza, esta solicitude foi asinada por 1/3 dos membros da Corporación, sendo 9 Deputados, tal e como esixe a normativa vixente. Cómpre destacar que como imperativo legal os 25 membros da Corporación deben presentar esta documentación antes da súa toma de posesión na Secretaria Xeral da Deputación e asinala ante a presenza do Secretario. O PSOE pide ao Secretario que aclara as seguintes cuestións:
-Como foi tramitada pola Secretaría Xeral tanto a publicación do rexistro de bens e rendas como de actividades dos membros da Corporación na sede electrónica provincial (que esixe a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de tranparencia, acceso á información pública e bo goberno) e no BOP (que contempla o Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo).
-Datos recollidos nas declaración de bens, rendas e actividades dos Deputados Provincias que están suxeitos a protección e non deben facerse públicos, así como aqueles que son de obrigada presentación e publicación, segundo o disposto na lexislación vixente.
-Cumprimento da legalidade na publicación das declaracións de bens, rendas e actividades feita con data 30/08/2015 na sede electrónica provincial e posteriormente retirada.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



