Lugo, 27 de outubro de 2015.- Ante a información publicada este martes sobre “Anulado el nombramiento por libre designación del secretario de la Diputación”; a Deputación de Lugo quere informar o seguinte:
1- O Goberno da Deputación 2011-2015 ditou un acto conforme ás bases legais que existían naquel momento e que amparaban deixar deserta a praza de secretario, como así se afirma na páxina 5 da propia sentenza. Posteriormente, o seguinte goberno provincial, entre xuño e outubro de 2015, modificou as bases anulando a posibilidade de deixar deserta a praza, de novo tal e como se recolle na sentenza:
“Pues bien, tan obvio es que en el momento de la presentación del recurso contencioso administrativo la actividad administrativa impugnada estaba amparada por unas bases de la convocatoria que si bien no habían sido impugnadas jurisdiccionalmente, sí lo habían sido administrativamente, como obvio es que en el momento presente de la resolución del recurso jurisdiccional, esas bases o más exactamente, la parte de las mismas que amparaba la actividad administrativa objeto de recurso jurisdiccional, han dejado de existir, han sido expulsadas del Ordenamiento jurídico, por lo que la disposición impugnada ha perdido su soporte jurídico lo que determina irremisiblemente la estimación del recurso contencioso administrativo(…)”
2- Polo tanto, non se anulou ningún nomeamento.
Tampouco a sentenza advirte de desviación de poder na resolución da convocatoria, senón que destaca que había unhas bases que amparaban a actividade administrativa naquel momento.
É mais, o proceso de nomeamento por libre designación do secretario da Deputación provincial está recollido e amparado pola lei, como recolle o artigo 92 bis da lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
3- Posteriormente, ante o cambio das bases efectuado polo goberno provincial comprendido entre xuño e outubro de 2015, o actual goberno da Deputación, en data 9 de outubro de 2015, deu orde aos servizos xurídicos para allanarse neste proceso, xa que as bases que amparaban a actividade administrativa deixaron de existir.
Deste xeito, a Deputación de Lugo estase a retrotraer no procedemento para proceder a selección entre os candidatos existentes naquel momento.


















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



