Lugo 26 de outubro de 2015.- O PSOE e o BNG na Deputación rexeitan concederlle a todos os concellos da provincia o equilibrio territorial que lles corresponde no reparto das axudas públicas. A voceira dos populares, Elena Candia, instou aos socialistas e aos nacionalistas a que “deixen de gobernar só para uns poucos”, porén o Goberno bipartito votou en contra da moción do GPP e prefire “darlle de novo as costas a todos os concellos da provincia e gobernar en base aos seus intereses políticos e persoais”.
Candia pediulle a Campos que traballe para buscar “un cambio na Deputación, respecto ao que protagonizaron os socialistas e os nacionalistas dende o ano 2007 e invitouno a que continúe na senda do equilibro iniciada polo PP, xa que temos a esperanza de que vostede queira gobernar para todos, e aí atopará o noso apoio”, dixo. A popular tamén amosou a pouca confianza en membros do equipo do PSOE e do BNG aos que “moléstalles que resolvamos os problemas dos seus concellos. É difícil que pensen en resolver as necesidades dos veciños, cando non teñen esa sensibilidade porque para iso hai que escoitar á xente, cando a escoitas, a xente deposita a súa confianza en ti”.
Partidismo no reparto dos fondos públicos
Os datos que obran na contabilidade provincial demostran que o bipartito dende o 2007 non respectou os dereitos fundamentais de igualdade dos veciños da provincia e tiñan, polo tanto, en conta no seu reparto de fondos a cor política dos concellos onde viven.
No período comprendido entre o un de xaneiro de 2012 e o 23 de xuño de 2015, o por aquela Goberno bipartito na Deputación outorgou axudas directas aos concellos da provincia por un importe de 12,9 millóns de euros. “Os 43 concellos gobernados polo Partido Popular recibiron tan só o 7,95% destas axudas, mentres que 91,28% des fondos foron para os 22 do PSOE e do BNG”, cita.
As actuacións do Goberno popular na Deputación pretenderon poñer punto final a un xeito arbitrario de asignación do gasto público “reequilibrando a asignación dentro do ano 2015, anualidade na que todos os concellos recibiron axudas da administración provincial”. O presidente da Deputación, Darío Campos, non foi quen de sinalar unha soa petición que non fose atendida durante o Goberno do PP na administración provincial. “Traballamos para os lucenses, centrados nas necesidades desta provincia. Vostedes terían que estar pedindo desculpas todos os días aos lucenses”, matiza.
O PSOE e o BNG bloquean que se preste de xeito gratuíto o servizo de recadación aos concellos
O daquela Goberno do PP na Deputación de Lugo levará a pleno unha proposta na que solicitaba que a administración provincial prestase de xeito gratuíto o servizo de recadación aos concellos. O PSOE e o BNG votaran de “xeito inexplicable” en contra da iniciativa da que, segundo mencionaron no seu día, compartían o fondo pero requirían un estudo sobre a situación que implicaría esta proposta para a Deputación. “Despois dun tempo prudencial para facer este estudo e sendo conscientes da necesidade de sacar adiante esta proposta, solicitamos de novo a súa posta en marcha. Os socialistas e os nacionalistas co seu voto en contra demostran unha vez máis o seu nulo interese polos concellos da provincia e que en vinte días de goberno non fixeron nada”, explica Demetrio Salgueiro.
“Teñen paralizada a institución e non son nin tan sequera quen de apoiar unha iniciativa que ten por máxima colaborar con todos os concellos e, polo tanto, repercutiría de xeito directo e beneficioso neles”, indica o deputado quen engade que “ que traballan con lentitude está demostrado, pero sobre que fagan as cousas tamén quedan dúbidas”, dixo.
Demetrio Salqueiro lamentou que unha vez máis os socialistas votasen en contra desta moción dos populares que redunda no beneficio de “todos e cada un dos concellos desta provincia, e implicaría unha inxección de liquidez que supera o 1,6 millóns de euros, e que posibilitaría aos concellos asumir as inversións necesarias para atender a todos os seus veciños”. Salgueiro citou casos concretos como o de Pontenova, no que “estaríamos a falar duns ingresos engadidos de 13.869,48 euros” ou no de Antas de Ulla, de 13.145,79 euros; no de Monterroso de 31.163,48 euros; en Guitiriz, de 46.482,50 ou en Burela de 32.748,70 euros.
Ata agora, a administración lucense percibe polo desempeño destas funcións o 3% dos xuros recadados en período voluntario e o 75% da recarga no período executivo precedente. A maiores, a iniciativa dos populares tamén implicaba que se dera unha maior facilitade aos concellos e deste xeito podan delegar na Deputación calquera das súas competencias en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación dos tributos, e dos restantes ingresos de Dereito público que a Lei lles atribúe.
Preguntas do GPP
O vicevoceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Carlos Armesto, tamén lamenta que, o deputado socialista, Pablo Rivera, como responsable de Fondos Europeos na anterior lexislatura, “non teña feito nada” do informe solicitado polos populares para aclarar as circunstancias dadas sobre as presuntas irregularidades durante os cursos impartidos ao abeiro do Pacto Provincial polo Emprego. “Está claro que os socialistas e os nacionalistas centráronse no seus intereses persoais e en resolver os seus problemas políticos no lugar de atender as súas funcións como deputados e membros do Goberno da Deputación de Lugo”, censura Armesto.
Elena Candia tamén criticou que o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, non fose quen de explicar aos lucenses os motivos que os levan a empregar unha dobre vara de medir á hora de incluír imputados no Goberno provincial. “Tivo dúbidas na contestación porque non saben nin o que dicir”, matizou Candia, quen engadiu que a realidade é que estamos ante un Goberno que “se reparte o poder en función dos seus intereses persoais e das prebendas que seguen ocultando á cidadanía. Estamos ante un Goberno inestable, que demostra que, con cada novo xiro, con cada nova incongruencia, non está capacitados para gobernar a institución”.



















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



