Lugo, 2 de outubro de 2015.- A Presidenta Comisionista e Caciquil tenta repartir uns 4 millóns de euros entre 18 Concellos do Partido Popular. Desta cantidade, polo de agora conseguiu dar máis de 1,3 millóns de euros a 9 municipios gobernados polos populares. Non conseguiu facer o mesmo cos restantes máis de 2,5 millóns de euros, posto que, finalmente, as dúbidas que alegaron os propios técnicos provinciais supuxeron que hoxe quedasen sobre a mesa da Xunta de Goberno os 11 convenios con máis Concellos do PP. Con todo, Candia convocou unha Xunta de Goberno Extraordinario para o vindeiro martes, 6 de outubro, cun único punto na orde do día, que é “Aprobación, se procede, de convenios de colaboración con distintos concellos”.
Así o salientaron os vicevoceiros provinciais socialistas, Pilar García Porto e Álvaro Santos Ramos. García Porto subliñou que “dende o primeiro momento o PSOE asegurou que Candia retornaba ao organismo provincial o peor do caciquismo con políticas destrutivas, baseadas en a Xunta convida e a Deputación paga, e totalmente partidistas. Así o demostrou cando suprimiu fondos da institución para a creación de emprego en toda a provincia en beneficio do PP. A Presidenta Comisionista e Caciquil empregou estes cartos para incrementar as Axudas ao Fogar en 500.000 euros, fondos que repartiu nun 66% entre os 33 Concellos do Partido Popular fronte ao 22% dos 27 do PSOE e ao 12% dos de BNG e Independentes”.
“Mentiu cando asegurou que as primeiras subvencións que aprobaba eran para Pedrafita do Cebreiro e Negueira de Muñiz. Só lle interesou e só fixo unhas fotos cos Alcaldes, posto que estas axudas nin tan sequera eran novas. As súas primeiras subvencións foron para Concellos do PP”, remarcou. Trátanse das axudas de 18.000 euros para Foz e Antas de Ulla, aprobadas na Xunta de Goberno do 7 de agosto.
García Porto explicou que “pola porta de atrás, pois foron nos asuntos de urxencia, na Xunta de Goberno do pasado venres, 25 de setembro, Candia repartiu máis 1,3 millóns de euros da Deputación entre 7 Concellos do PP, entre os que non podía faltar Mondoñedo, que recibe máis de 300.000 euros”. Os restantes municipios son Baralla, O Saviñao, Paradela, Portomarín, Riotorto e Taboda.
Na Xunta de Goberno de hoxe Candia tentou repartir outros 2,5 millóns de euros entre máis municipios amigos. Finalmente, as dúbidas que alegaron os propios técnicos provinciais supuxeron que os 11 convenios cos Concellos de Castro de Rei, Barreiros, Begonte, Bóveda, Guntín, Outeiro de Rei, O Saviñao, Taboada, Vilalba, O Vicedo e Xove quedasen sobre a mesa. Con todo, Candia convocou para o vindeiro martes, 6 de outubro, unha Xunta de Goberno Extraordinaria cun único punto na orde do día: Aprobación, se procede, de convenios de colaboración con distintos concellos.
Nova rectificación de Candia
Santos Ramos informou sobre a nova rectificación de Candia, pois hoxe na Xunta de Goberno aprobou a convalidación de todos os actos dende que é Presidenta ante a composición irregular do seu Goberno Provincial, que poñía en dúbida todos os seus acordos, posto que poderían ser declarados nulos de pleno dereito. O PSOE advertiu a Candia de que o seu Goberno era contrario á Lei, xa que os nomeamentos dos 2 Vicepresidentes e do Deputado de Medio Ambiente non se axustaban á legalidade ao non ser membros da Xunta de Goberno, facendo que esta última tamén fose irregular. O BOP deste pasado luns publicada a primeira rectificación de Candia, que integrou aos 2 Vicepresidentes na Xunta de Goberno e non así ao Deputado de Medio Ambiente, polo que a Xunta de Goberno segue sen axustarse á lei. Candia mentiu, pois ao día seguinte desta publicación no Boletín Oficial da Provincia, no Pleno Provincial, dixo que “seguirían os informes técnicos” á hora de facer cambios, cando estes xa eran públicos no BOP. Hoxe desmóntase unha mentira máis da Presidenta Comisionista e Caciquil, que asegurou que as Xuntas de Goberno celebradas eran válidas porque ela mesma estivo presente nelas. Con todo, hoxe acordou a convalidación de todos os actos.
Regalo do audi
O vicevoceiro tamén informou sobre “o regalo” do Audi, xa que Candia decidiu cambialo por unha furgoneta, “despilfarrando recursos públicos, pois este coche do parque móbil estaba totalmente amortizado e tiña unha vida útil do 80%. Podería ser empregado pola Deputación de Lugo a lo menos durante máis dunha década”.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



