Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, cualificou este luns de “dramáticos” os orzamentos da Consellería do Mar para o ano 2016. O responsable socialista dixo que os orzamentos “non van servir de ningunha maneira para darlle resposta aos problemas do sector” da pesca, que “cada vez ten uns menores ingresos, menos barcos e menos afiliados ao réxime especial do mar”.
Ironizou con que o que a conselleira bautizara nos orzamentos de 2015 como a “estratexia do sentidiño” levaran ao sector a “estar permanentemente na rúa protestando polo desleixo do goberno galego”. Lamentou o “desinterese manifesto” pola situación do cerco, do marisqueo ou da volanta, aos que “vostede non atendeu en todo o ano e que desgrazadamente non aparecen tampouco nestas contas”.
Os orzamentos carecen de “ningunha acción importante” para reverter a redución de afiliados á Seguridade Social do Mar, que pasou de 26.038 en 2008 a 21.078 en 2015, 4.960 persoas menos traballando no mar, ademais de case 600 mariscadoras a pé menos que en 2008. A pesares desta situación “non hai unha aposta seria de país, pola pesca extractiva ou polo marisqueo, seguimos sen ningunha acción importante”.
O parlamentario socialista comparou a situación orzamentaria comparada con 2012, o último ano antes da fusión con Medio Rural, dende o que a Secretaría Xeral perdeu 7 millóns de euros, Innovación perdeu 46,4 millóns, Desenvolvemento Pesqueiro pasou de 33 a 31 millóns e o Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño baixou de 3,35 a 2,9 millóns de euros.
Val salientou a ausencia do desenvolvemento dos plans de acuicultura, así como do sector mexilloeiro, o que, malia que Galicia é referencia internacional, está “literalmente desaparecido” dos orzamentos do goberno galego. Portos de Galicia ten ademais unhas previsións de investimentos “pírricas” de 6,6 millóns de euros, con “previsións que logo non se poden cumprir porque o mantemento absorbe a práctica totalidade do orzamento.
Esixiulle á conselleira “contas serias con accións concretas, con nomes e apelidos e non unicamente cuestións xenéricas con partidas xenéricas que non son quen de executar”. Lembrou así que “os niveis de execución roldan apenas o 70 por cento”, constantando que “renuncia a aproveitar a potencialidade dun sector vital para a nosa economía, que sobrevive a pesares de vostedes”.


















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



