Ribadeo, 9 de novembro de 2015. A ribadense Carla Méndez García, estudante de Belas Artes e “apaixonada da moda”, participa no concurso de deseño de moda Fashion Academy, de El Corte Inglés. Os tres mellores deseñadores verán as súas coleccións feitas realidade nesta firma, participarán economicamente das vendas, obterán un premio económico e unha beca en El Corte Inglés. Ata o 15 de novembro está aberto un período de votación popular de todos os deseños que se presentaron ao concurso. Do 16 ao 19 de novembro de entre los 100 máis votados un xurado seleccionará aos 50 mellores e o día do desfile final coñeceranse os nomes dos tres gañadores.
O premio do look gañador absoluto realizará o peche do desfile, pasando o seu deseño, unha vez proclamado como mellor look de deseñador emerxente do concurso Fashion Academy El Corte Inglés 2015; prácticas no departamento de compras de El Corte Inglés durante 6 meses; 3.000 euros nunha tarxeta regalo desta firma; a produción e venda do look en tres tallas (S, M e L) en centros seleccionados de El Corte Inglés en Madrid e o 15% de royalties sobre as vendas da colección.
Carla Méndez García creou un look de dúas pezas principais: una saia de tubo negra clásica, cuberta por unha saia de organdí máis ríxida e voluminosa, e un crop top negro con perlas brancas, “con formas inspiradas no art decó”. No seu perfil en Fashion Academy El Corte Inglés a deseñadora ribadense explica que decidiu crear “un look que me defina a min mesma, de ahí a elección do branco e o negro: o equilibrio. Ambos se complementan, ademais de dar unha elegancia indiscutible a calquera look”. E engade que “este outfit, ao estar composto por tres pezas, clásicas e á vez contemporáneas, da a posibilidade de combinalas entre si, obtendo looks máis o menos arriscados, dependendo de cada personalidade”.
Carla Méndez, con raíces familiares na Pontenova e en Mondoñedo, asegura que se presentou ao concurso tras ver uns folletos informativos na facultade de Belas Artes e despois de escoitar á organización. Esta moza estudante conta que “aínda que estudo Belas Artes, xa desde pequena me gustaba coser e deseñar roupa, de feito fun un tempo a clases de costura e confección en Ribadeo xa fai uns anos. Empecei por facer un boceto para presentalo o antes posible, mentres eu mesma confeccionaba o look. Pedín prestado a un amigo un maniquí de costura, e coa miña máquina de coser púxenme mans a obra. Fun adaptando o meu tempo para facer os traballos da facultade e poder coser eu soa todo o deseño”.
Ademais de elaborar o deseño e a confección, Carla Méndez García tamén se converteu en modelo da súa propia creación: “o tempo para realizar este proxecto foi moi xusto, polo que xa de lanzarme… lanceime de todo. Por iso eu mesma me puxen como modelo para facer as fotos do traxe, e con axuda dunha compañeira organizamos unha sesión de fotografía nas inmediacións do Palacio Real”.
Os que desexen ver o deseño completo de Carla Méndez García e apoiala cos seus votos poden facelo a través do seguinte enlace: http://fashionacademy.fashionacademy.es/#/votes.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



