Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015.- O programa ‘Venres nas librarías’ estará esta semana nos concellos de Lugo, de Lalín, de Vigo, de Foz, de Ourense e da Coruña con encontros literarios e musicais para lle achegar ao público infantil e adulto as novidades editoriais galegas. Os autores e autoras Lydia Botana, Fran Amil, Miguel Ángel Alonso, Sérgio Tannus, Xosé Duncan, Farruco Graña, Mary Quintero e Fernanda Padín serán desta vez os protagonistas do programa promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía, Emprego e Industria –a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Dirección Xeral de Comercio–, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.
Co obxectivo principal de promover o libro e a lectura, ‘Venres nas librarías’ ofrecerá oito actividades os días 13 e 14 de novembro. Na xornada do venres, o profesor e escritor Farruco Graña presentará na libraría Trama de Lugo, ás 19.30 horas, ‘O soño de Xoán’ (Edicións Embora), unha obra ambientada no Ribadeo do século XVII baseado nas peripecias de Xoán Lourido, un mozo do lugar. Estará acompañado polo editor Miguel Toval.
Programación infantil para a mañá do sábado
O sábado 14 de novembro ás 12.00 horas, a libraría Bahía de Foz e a libraría Vagalume de Lalín acollerán encontros literario-musicais con Fran Amil e con Miguel Ángel Alonso Diz, respectivamente. O primeiro fará gozar os máis pequenos co libro-disco ‘Un conto do revés’ (Galaxia), mentres que o segundo ofrecerá unha mañá de conto a través das súas obras ‘O valente coello que quixo soñar’, ‘A nena á que non deixaban ser feliz’ e ‘O soño de Esther’ (Nova Galicia Edicións).
Máis de 80 encontros literarios
Desde a súa posta en marcha o pasado 2 de outubro e ata o 28 de novembro, ‘Venres nas librarías’ ofrecerá máis de 80 actividades para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos, que se realizarán semanalmente os venres e os sábados. A programación desta segunda edición, na que participan Nova Galicia Edicións, Edicións do Cumio, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Hércules de Ediciones, Editorial Toxosoutos e Urco Editora, completarase con novas actividades que se desenvolverán en 2016, durante os meses de febreiro e de marzo.
As librarías, punto de encontro
Un total de 17 librarías das catro provincias –Cartabón, Andel, Librouro e Casa del Libro, en Vigo; O Pontillón, en Moaña; Pedreira e Aenea en Santiago de Compostela; Trama, en Lugo; Káthedra, en Ourense; Suévia, Couceiro e FNAC, na Coruña; Nós, en Sanxenxo; Ler, en Cee; Day, en Narón; Bahía, en Foz; e Vagalume, en Lalín– son o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras, e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.
Concursos nas redes sociais
Estes encontros cos libros en galego dos venres e sábados non só se cinguen ás librarías, senón tamén ás redes sociais, co concurso Andel do agasallo. Cada semana, as persoas que participan deben adiviñar, mediante diversas pistas, de que libro se está a falar. O lector ou lectora que o acerta leva de agasallo ese novo título editorial. O concurso realízase a través das contas de Twitter @conscultura co hashtag #andeldoagasallo e de Facebook www.facebook.com/CulturaGalegaXunta.
As actividades do programa ‘Venres nas librarías’ poden consultarse en www.cultura.gal, a través da Axenda da Cultura de Galicia.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



