13 de decembro de 2015.- Este mes a Asociación de Sendeirismo Paso Miúdo fixo a ruta das algas, entre Espasante e Esteiro de Bares, pasando polos acantilados de Loiba e o seu xa famoso banco. Unha ruta da que non poden decir que unha parte lles gustara menos que outra, con tramos pola praia, pola ribeira entre piñeiros, sen apartarse da impresionante e preciosa costa, unha ruta cerquiña e 100% recomendable.
