O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que a Deputación ofrecerá o vindeiro luns a lucenses no paro outros 14 postos de traballo en empresas e asociacións da provincia. Farao a través da súa Bolsa de Emprego, na que publicará os perfís que requiren as entidades contratistas, que son as que resultaron beneficiadas do Ben Empregado e, polo tanto, recibirán axudas do organismo provincial para os custos salariais e laborais dos futuros traballadores. Precisamente, a Xunta de Goberno deste venres aprobou 3 destas empresas, que buscan outros 3 profesionais.
Santos Ramos destacou o “éxito” da Bolsa de Emprego, pois máis de 720 persoas se inscribiron na mesma durante os 5 días que leva activada. Fixéronno para solicitar algúns dos 40 empregos que se ofertan na actualidade e aos que o luns se engadirán estes 14.
Trátanse de postos de traballos en diferentes sectores e entidades e colectivos de toda a provincia: traballadores sociais, peóns gandeiros, axudante de perruquería, arquitecto en prácticas, esteticista, técnico en informática, axente de viaxe, tractorista…. As contratistas atópanse en Lugo, Sarria, Guntín, Ribadeo, Navia de Suarna, Mondoñedo, O Saviñao, A Pontenova, As Nogais…
O prazo de solicitude é de 10 días a partir do luns. Ata o mércores continúa aberta a solicitude para os 40 publicados na Bolsa de Emprego.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou solicitar á Xunta de Galicia xunto con Cogami o obradoiro “Communitenado 2016” para favorecer a inserción laboral de 24 mozos con necesidades especiais dentro do eido das TIC’s. A iniciativa está destinada a persoas de entre 18 e 25 anos de idade, ou de ata 30 no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%; e nela os participantes recibirán 960 horas de formación teórica e práctica durante 6 seis meses, nos que cobrarán o salario mínimo interprofesional: uns 650 euros ao mes. Ademais, tamén se xeraran empregos, pois sería necesario contratar a tres monitores. Este obradoiro conta con certificado de profesionalidade.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



