Burela, 25 de xaneiro de 2016.- Este martes, día 26 de febreiro, terá lugar no pavillón Vista Alegre (Burela), un partido de fútbol sala cuxo obxectivo principal é a integración a través do deporte. Terá lugar as 15:30 h. Os equipos estarán formados por usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e por usuarios da Fundación Eu Son.
Con esta xornada preténdese manter os lazos creados a través do deporte entre os usuarios de ambas entidades, gozar do tempo libre e amosar as súas capacidades para a práctica do mesmo. O que menos importa é o resultado e o que non pode faltar son as ganas de disfrutar dunha gran xornada.