Mondoñedo, 3 de febreiro de 2015.- O Concello de Mondoñedo amplía nun mes o prazo de solicitude de axudas públicas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas situadas no casco histórico da localidade así como nos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.
En concreto, a alcaldesa do municipio, Elena Candia, asinou na mañá deste mércores o decreto a través do que se acorda a ampliación do prazo, que comezará a contar a partir do día seguinte a data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a Área de Rexeneración e Renovación do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños publicáronse no BOP de 7 de decembro de 2015. Nelas establécense os criterios a cumprir para a concesión destas axudas enmarcadas no acordo de comisión bilateral asinado entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo.
Este programa abrangue a actuación en edificios para estimular a rehabilitación integral destas localizacións tanto na súa dimensión física como no da súa necesaria revitalización social, económica e cultural. Son subvencionables a execución de obras ou traballo de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns; ademais poderán incluírse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa. Son beneficiarios tanto os propietarios únicos de edificios de vivendas, así como as comunidades de propietarios.
Por último, a alcaldesa pon en valor esta convocatoria e explica que con esta iniciativa Mondoñedo segue apostando pola posta en valor dos inmobles, o que redundará nunha mellor imaxe do municipio ao tempo que incrementará o valor das construcións.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



