O vindeiro 2 de abril conmemórase, tal e como se fai dende o ano 1967, o nacemento de Hans Chistian Andersen. A IBBY declarou esa data “Día Internacional do Libro Infantil”, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. A Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos e, para tal fin, organiza unha pequena mostra bibliográfica, onde disfrutaremos dos títulos máis representativos dedicados aos nenos e nenas. A mostra poderá visitarse e disfrutarse en horario de luns a venres de 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas, durante todo o mes de abril.
Mostra na Biblioteca de Burela polo Día do Libro Infantil
Mostra na Biblioteca de Burela polo Día do Libro Infantil
Relacionado
-
Barreiros sumouse á conmemoración do Día Internacional do Orgullo
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo ás 19:30 h na praza do Concello