Equipo de Traballo da Base do CD Burela FS Pescados Rubén- O domingo pasado o equipo cadete A do CD Burela FS Pescados Rubén gañou por 0-4 o seu enfrontamento fronte ao Cíos Vigo Pelucas FS proclamándose campión da Liga Galega Masculina. É a primeira vez que o club consegue este título na categoría. En primeiro lugar, como o principal no deporte son os deportistas, queremos agradecer e dar a noraboa aos integrantes deste equipo: Luismi, José Luis, Aarón, Eric “Henry”, Adilson “Dé”, Alberto, Néstor “Nito”, Sergio, Domingos, Luka, Jairo e Edmilson “Idis”.
Mais este título non é cousa só do equipo cadete, posto que na base do club cremos nun proxecto común e que engloba a cada un dos seus integrantes, dende os máis pequenos que inician a súa andaina na práctica deportiva ata os rapaces e rapazas dos filiais que xa compiten en categoría sénior. Un anaco deste título é dos infantís, que conviven co cadro cadete na case totalidade de encontros da liga e que este domingo foron os primeiros en saltar á cancha para felicitalos como campións. Tamén é do resto de compoñentes da base que sempre mostran o seu apoio, como bos compañeiros.
Como o CD Burela FS non deixa de ser un club humilde, que precisa da colaboración de toda unha vila, pequena en tamaño, pero moi grande na súa xente, non esquecemos a varias persoas que nos axudan desinteresadamente na nosa laboura semanal; trátase dos delegados que acompañan tanto o equipo cadete como o resto de equipos que compiten co escudo do Burela Pescados Rubén no peito. Moitas grazas a Ares, ao Chacho, a Cándido, a Juan, a Jose, a Jesús, a Senín, a Scot, a Álex, a Jose Bolaños e a Carlos pola súa axuda; este título tamén é deles.
Cando o equipo feminino se proclamou campión de liga de Primeira, as verbas do presidente, Manolo Blanco, cara a nós foron: ”Isto é de todos!”. Tiña toda a razón, polo que tamén queremos agradecer ao corpo directivo e xestor do club, aos empregados e colaboradores polo seu apoio durante estes anos; isto tamén lles pertence, porque fan que competir con clubs de grandes cidades sexa menos difícil.
Por último e máis importante, hai que salientar o traballo e dedicación do incombustible Mario Pillado e de Míchel, que durante toda a temporada estiveron pendentes dos rapaces, de animalos e aconsellalos nos momentos máis duros. Non queremos deixar de mencionar, tampouco, a dous compañeiros inesquecibles no traballo da base, que xa non forman parte deste equipo: Javi “Celes” Rodríguez e Raúl Lara. Unha parte moi importante deste campionato debémosllela a eles dous, sen o seu traballo anterior sería imposible conseguir o obxectivo.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



