Ribadeo, 22 de maio de 2016.- As inmediacións da antiga oficina de turismo de Ribadeo acolleron este sábado un taller educativo para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, dentro da campaña “Compra ao grande no pequeno comercio”, de Acisa. Unha trintena de pícar@s acudiron a esta cita, e puideron comprobar entre xogos e probas a importancia que ten comprar no comercio local e os beneficios que iso lle xenera ao pobo. Os cativos e cativas tiveron que ir facéndose nos últimos días cos seus ripenses (billetes que conseguiron nos locais asociados a Acisa) para despois participar no Ribadeopolis, o xogo co que se achegaron ao comercio local. Acisa agradece a súa presenza aos nenos e nenas que gozaron deste taller educativo, que foi impartido por MauMarela.
























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



