Lugo, 15 de xuño de 2016- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiron estae mércores a reunión da xunta local de seguridade na que, ademais de facer unha análise da situación delincuencial no municipio, se abordou o plan de seguridade de cara á celebración do Resurrection Fest, que terá lugar os vindeiros días 6,7, 8 e 9 de xullo.
Para tratar este tema participaron no encontro representantes da empresa ONP Producciones S.L., encargada da organización do evento e responsable do deseño do dispositivo para salvagardar a seguridade das en torno a 25.000 persoas que prevén que asista cada día aos concertos programados. Segundo se confirmou esta mañá, ese dispositivo contará co apoio e a colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local. Así, axentes da Policía Nacional desplegaranse para velar pola seguridade cidadá e previr a comisión de posibles feitos delictivos, principalmente na contorna do recinto de Lavandeiras e nas zonas de acampada.
Colaborarán tamén neste plan efectivos do Servizo Marítimo da Garda Civil, dada a proximidade das zonas de concertos e de acampada á ría de Viveiro, así como do Subsector de Tráfico da Garda Civil, que controlarán os accesos á localidade e ás inmediacións do recinto onde se celebra o festival, para velar pola fluidez do tráfico e para garantir a seguridade nas estradas.
Os membros da xunta de seguridade acordaron ademais manter unha vixianza especial mediante un traballo conxunto e coordinado dos distintos corpos policiais durante toda a época estival, na que Viveiro ve multiplicada a súa poboación, prestando especial atención á zona dos areais e á celebración doutras citas festivas destacadas.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
Na xuntanza analizouse tamén a evolución da seguridade cidadá en Viveiro. Así, dos datos proporcionados pola Policía Nacional despréndese que a delincuencia rexistrou un notable descenso no que vai de ano no municipio, en relación ao mesmo período do ano anterior, baixando tanto os delitos contra o patrimonio como os delitos contra as persoas. En toda a anualidade, a Policía Nacional detivo no concello mariñano a 21 persoas (19 delas pola súa presunta implicación nalgún feito delictivo).
CHARLAS PARA ESCOLARES
O subdelegado do Goberno informou tamén na xuntanza desta mañá do traballo realizado en Viveiro ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade co fin de reforzar a educación, a prevención e a vixilancia nos centros escolares. Este obxectivo perséguese poñendo a disposición dos centros a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnado, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos menores.
Ao longo do actual curso, 2015-2016, impartíronse en centros educativos de Viveiro un total de 40 charlas, que trataron sobre o acoso escolar, os riscos de internet e as novas tecnoloxías, a violencia de xénero e os perigos do alcohol e as drogas.
Na xunta de seguridade participaron hoxe, ademais do subdelegado do Goberno e a alcaldesa, representantes da Policía Nacional, a Garda Civil, o Subsector de Tráfico, o Servizo Marítimo Provincial, a Policía Autonómica e a Policía Local.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



