Cervo, 15 de xuño de 2016. O Concello de Cervo advirte de que é obrigatorio solicitar autorización para poder facer unha fogueira na noite de San Xoán. Para iso, unha das persoas da organización (maior de idade) deberá facerse responsable da mesma, achegando datos de contacto como o nome e o teléfono. Da mesma maneira tamén é moi importante que indique o lugar exacto no que se vai facer o lume. Sen este permiso quedará completamente prohibido facer fogueiras, unha solicitude que se poderá facer ata o vindeiro 21 do presente mes na Casa do Concello ou na Casa da Cultura de San Cibrao.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, explica que “o obxectivo que se pretende é levar un control de todas e cada unhas das fogueiras que van estar activas na noite de San Xoán para que se fagan en base ás normas básicas de seguridade e convivencia. Hai que ter en conta que neste municipio é habitual contar con máis de 100 fogueiras activas ao mesmo tempo na noite de San Xoán, polo que é necesario telas localizadas para poder dar resposta en caso de algún problema ou incidente. Do mesmo xeito, dende o equipo de goberno do noso Concello entendemos que a colaboración cidadá é moi importante nestes casos. Por iso, lembramos que, aínda que en xeral os veciños afrontan esta festa con prudencia e responsabilidade, non está de máis volver informar dalgunhas recomendacións de seguridade”.
José Ramón Soto especifica que “as fogueiras terán que facerse sempre a máis de 15 metros de distancia de vehículos, árbores, fachadas, edificios ou calquera construción e nunca debaixo de liñas eléctricas. Nunca se deberán utilizar sustancias inflamables para prender o lume nin tampouco se poden botar papeis ou tecidos con pouco peso, xa que o aire pode levantalos e facer que inicien un lume incontrolado noutro punto.
Tampouco se deben botar pneumáticos, plásticos e outros elementos altamente contaminantes. E, por suposto, unha vez rematada a festa é moi importante asegurarse de que o lume está completamente apagado. Especial mención merecen os saltos nas fogueiras, que deberán realizarse con extrema precaución, utilizando calzado e vestimenta axeitada, e sempre valorar as posibilidades de saltar segundo o tamaño da fogueira, así como as condicións físicas e a idade do individuo. E lembrar que para calquera emerxencia hai que chamar ao 112”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



