Ribadeo, 15 de xuño de 2016. Acisa e BBVA acaban de asinar un convenio de colaboración con condicións vantaxosas para os socios da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Participaron no acto o presidente do colectivo, David Martínez, e a directora do Centro de Banca de Clientes de BBVA nesta zona, Isabel Rivero Uría.
Martíñez sinalou que “desde Acisa sempre tentamos promover cousas para os nosos socios, como actividades e eventos, pero por suposto tamén cremos que é importante a formación e ademais convenios como este, que poidan beneficiar aos nosos socios. Neste caso o banco BBVA ten unha gran oferta que pode beneficiar a todos os comerciantes, tanto no TPV como en liñas de crédito, que nos pode axudar a pasar mellor estes tempos que estamos a vivir. Por iso é moi interesante”.
Pola súa banda, Isabel Rivero, agradeceu “a oportunidade de colaborar e poñer en marcha un convenio coa Asociación de Comerciantes de Ribadeo, co fin de poder incrementar a relación e contribuír ao desenvolvemento sustentable da actividade empresarial na contorna. Entendemos que tendo en conta a situación económica actual é fundamental poñer á vosa disposición facilidades de financiamento, que abarquen liñas de crédito, financiamento de proxectos e o resto de servizos para impulsar e modernizar as empresas. Poñemos á vosa disposición unha ampla rede de oficinas a nivel nacional e unha presenza moi diversificada a nivel rexional, non só da nosa contorna”.
Rivero Uría engadiu que “con este convenio nós comprometémonos a estudar e analizar as propostas e solicitudes realizadas polos asociados coa maior celeridade posible. A oferta de convenio contempla produtos tanto para autónomos como para pemes e recolle condicións de contas de crédito, préstamos, leasing, renting, seguros e demais servizos. Agradecemos que os asociados coñézano e estamos á súa disposición para asesorar, aclarar e expor. Tentaremos chegar a todos a través de visitas, pero pedimos que os asociados achéguense con confianza, porque estamos á súa disposición para colaborar e sacar negocio adiante. O que esperamos desde BBVA é que por mor deste convenio a relación entre Acisa e a nosa entidade sexa moito máis intensa e logremos avanzar”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



