Vilalba, 15 de xuño de 2016.- A Presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, acompañada do cabeza de lista ao Congreso, Joaquín García Díez, e da candidata ao Senado, Sandra Vázquez Domínguez, así como doutros representantes da comarca, visitaron este mércores nun acto de campaña a empresa eólica Tecnorenova, onde puxo de manifesto que “os mozos emprendedores son a esperanza do país, pois permiten o seu desenvolvemento económico e, en consecuencia, o seu benestar”.
Durante a visita, Elena Candia destacou o importante papel que o emprendemento empresarial está a desenvolver no noso país, creando novos postos de traballo e promovendo a reactivación da economía e avance en materia social. “O emprendemento é unha panca sobre a que está a despegar a economía de Lugo e de todo o país”.
Tecnorenova naceu no ano 2006 da man de Alberto Román Prieto, un mozo de 22 anos que decidiu abrir a súa propia empresa adicada ao sector eólico en Lugo. Hoxe, o ente empresarial conta con ademais da sucursal de Vilalba, outros dous centros en Latinoamérica e outros dous máis que están a piques de abrir, cun total de 150 empregados que acomenten obras por todo o mundo. Todo isto, grazas ao esforzo do capital humano da empresa que, con moitas horas de ilusión e traballo, conseguiron posicionala internacionalmente nun momento de complicación económica.
A líder dos populares en Lugo non quixo deixar de amosar a súa satisfacción polo bo porvir de Tecnorenova, a quen puxo como exemplo de emprendemento e boa xestión.
Candia lembrou que é necesario potenciar o emprendemento para que os mozos sexan quen de materializar as súas ideas. “Hai que traballar en materia de emprendemento porque pode devolvernos unha parte da estabilidade económica perdida como xa está a facer Tecnorenova”.
A Presidenta dos populares en Lugo amosou o firme compromiso do Partido Popular co emprendemento. Lembrou as medidas que a Xunta de Galicia puxo en marcha en favor da creación de novas empresas na comunidade como a Lei de Emprendemento, que reduce as trabas administrativas para iniciar un negocio e ofrece vantaxes fiscais a quen destine o seu capital ao financiamento destes proxectos; a Lei de Economía Social, que facilita o uso do cooperativismo como modelo de creación de emprego ou as subvencións autonómicas para os autónomos que contraten ata tres persoas asalariadas nos tres primeiros anos de actividade.
Tamén deixou clara a súa aposta pola formación, pois dixo que é necesario orixinar novas xeracións de empresarios que dispoñan da competencia profesional necesaria e da suficiente coraxe para seguir asegurando o avance do país.
Política enerxética e enerxía renovable
Durante a visita, o cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, lembrou que as reformas acometidas polos populares permitiron fixar as bases dunha política enerxética que impulsa a eficiencia en custos e en recursos, que loita contra o cambio climático e que permite a España adaptarse aos novos retos tecnolóxicos que poidan orixinarse no futuro.
Ademais reiterou o firme compromiso dos populares co sector enerxético para a nova lexislatura, reducindo impostos sobre a xeración eléctrica o que redundará nun abaratamento da factura ou introducindo novas instalacións renovables mediante poxas competitivas, especialmente nas tecnoloxías con maior incidencia na creación de emprego e desenvolvemento industrial.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



