Compostela, a 27 de xuño de 2016.- O SERGAS vén de ser condenado a pagar unha indemnización de 3.000 € por dano moral a un traballador ao que non renovou o contrato para impedir que gozara do permiso de paternidade completo. Xunto a isto, terá que pagar tamén os 12 días de salario da prórroga non concedida e as cotizacións á SS dese período. O xulgado avala deste xeito, as denuncias da CIG-Saúde por denegarse de forma sistemática o dereito a gozar dos permisos regulamentados ao persoal eventual.
O SERGAS está a cubrir prazas vacantes, que son estruturais, con contratos de acúmulo de tarefas, cada seis meses. Contratos que renova mes a mes, “incrementando así a fragmentación da contratación”, denuncia a CIG-Saúde. Un método ao que recorre por mor da taxa de reposición que a propia administración impuxo para a sanidade pública.
Xunto a isto, o SERGAS está limitando o dereito a gozar de permisos regulados por lei ao persoal eventual, negándose sistematicamente a negociar unha regulación de permisos na Mesa Sectorial. A CIG-Saúde lembra que a única regulación que recoñece o SERGAS é a negociada na mesa sectorial no 2001, sen que houbera polo medio ningunha actualización.
A consecuencia disto, e cunha evidente mala praxe, o SERGAS para que un traballador eventual contratado baixo a modalidade de acúmulo de tarefas, non puidera seguir gozando do dereito o permiso de paternidade, denegou a renovación dese contrato. Unha vulneración de dereitos fundamentais que foi denunciada diante do xulgado polo traballador a través da asesoría da CIG.
No decurso do xuízo quedou demostrado que efectivamente houbo vulneración de dereitos fundamentais e que a non renovación do contrato tiña como obxectivo evitar que o traballador puidera gozar do permiso de paternidade polo tempo que lle tería correspondido.
Diante disto, o xulgado emitiu sentenza condenando ao SERGAS a indemnizar ao traballador por dano moral cunha compensación económica de 3.000 euros máis a cantidade correspondente aos 12 días de salario da prórroga non concedida e a cotización á Seguridade Social correspondentes a ese período.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



