Mondoñedo, 18 de xuño de 2016.- A presidenta provincial do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, acompañou este sábado á secretaria xeral do Partido Popular nacional, María Dolores de Cospedal, durante un paseo por Mondoñedo. Acompañáronas tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outras personalidades do partido.
A rexedora local fixo de perfecta anfitrioa e quixo amosar, durante un percorrido polo casco histórico máis significativo, a beleza da que é a súa vila natal e algúns dos principais puntos de interese dunha vila que alberga un patrimonio monumental moi singular.
A ruta iniciouse na Alameda dos Remedios, e continuou pola avenida das San Lucas ata a praza do Concello. Desde esta zona baixaron á praza da Catedral.
Durante o paseo, Candia referiuse aos atractivos turísticos de Mondoñedo, berce de grandes escritores e músicos como Cunqueiro ou Pascual Veiga, entre outros. Destacou tamén o conxunto histórico-artístico e a Catedral Basílica como figura arquitectónica principal, recentemente recoñecida durante o proceso polo que os Camiños do Norte obtiveron a consideración de Patrimonio Mundial da Unesco. Tamén falaron sobre o pan da zona e tiveron a oportunidade de probar a tarta de Mondoñedo, un dos produtos locais máis afamados da vila luguesa.
Candia convidou a Cospedal a regresar á localidade para visitar outros lugares de interese paisaxístico como as Covas do Rei Cintolo que, en palabras de Candia, son “un verdadeiro viaxe ao centro da terra”.
Finalmente a rexedora agradeceu á secretaria e ao presidente da Xunta o seu interese por Lugo e, en particular, por Mondoñedo, pois foi unha petición expresa de ambos aproveitando a súa visita a A Mariña.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



