Lugo 8-8-16. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, e os Alcaldes de Meira e Riotorto, Antonio de Dios Álvarez e Clemente Iglesias González, respectivamente, asinaron este luns no consistorio meirego un convenio de colaboración mediante o cal Deputación de Lugo e Xunta de Galicia asumen a compra dun camión de recollida de residuos sólidos, que compartirán os municipios de Meira e Riotorto. Fano cun total de 160.000 euros, que financian ao 50% organismo provincial e institución autonómica.
Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de boa práctica das administracións: traballo conxunto para mellorar os servizos públicos aos veciños. Dende a Deputación de Lugo sempre houbo colaboración coas institucións e vaina seguir habendo, pois así o necesitan os cidadáns. Mostra disto son GES, os parques de bombeiros ou o arranxo das Pallozas do Piornedo; proxectos que financiamos na mesma medida ou cun maior esforzo económico que a propia administración galega, cando ten un orzamento infinitamente maior ao noso. Agardo que nun futuro próximo recibamos o mesmo trato para a nosa rede pública de residencias e centros de día, que tanto necesitan os nosos Concellos para atender ás necesidades dos veciños. A preocupación das administracións deben ser os cidadáns e a súa labor mellorar a súa calidade de vida”.
Mancomunar servizos
O titular provincial engadiu que “Riotorto e Meira tiñan un vehículo en malas condicións. Son Alcalde e sei o que significa ter problemas para poder ofrecer aos teus veciños a prestación dun servizo básico e imprescindible. Por iso, non dubidamos en colaborar na adquisición deste camión do lixo. Eu, ao igual que non creo na fusión de Concellos, si aposto por mancomunar distintas prestacións municipais para poder ofrecer servizos de calidade aos veciños e aforrar custos”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



