Considerar esta afirmación como un feito manifestamente demostrable a través das testemuñas documentais actuais de que se dispón non parece ser unha verdade obxectiva nin definitiva. Pero, a presenza de certas testemuñas históricas e arqueolóxicas que se conservan aparta esta afirmación dunha simple hipótese e xustifica, sen dúbida, como verdadeiramente fiable a crenza na presenza destes monxes guerreiros na Vilabella na alta Idade Media.
As testemuñas máis antigas que se refiren ó asentamento poboacional da primitiva vila de Ribadeo sitúano no lugar entón coñecido polo nome de Vigo, denominación que lle vén dada da súa derivación do vocábulo latino, vicus, barrio, actualmente A Vilavella, denominación que se lle deu pra distinguilo da Vilanova, que era o novo Ribadeo. Un pequeno recuncho, situado na beira galega do río Eo, do que o actual Ribadeo recibiría o seu antigo nome de Ripa d`Euve. Unha pequena comunidade de veciños, situada nas proximidades da primitiva xurisdición de Ove, que erixiu alí a igrexa que máis tarde sería coñecida nos documentos oficiais polo nome de igrexa de Santiago de Vigo.
Testemuña fidedigna, entre outras, de que nesa época histórica Santiago de Vigo era o núcleo referencial máis importante deste contorno, antes da existencia dos núcleos de Cabanela e Porcillán que deron orixe á actual vila de Ribadeo, é unha escritura de doazón de propiedades, feita por García Vermúdez ó mosteiro de Lourenzá no ano 1151, na cal o doante fixa a situación das súas propiedades “entre as augas de Vigo e do Masma”: “…facio… cartulam donaciones… de quantum habeo et habere debeo ab aqua de Vigo usque ad aquam de Masma”, é dicir, “…fago… escritura de doazón… de todo o que posúo e debo posuír desde a auga de Vigo ata a auga do Masma”. A referencia a Vigo neste documento do século XII e non a Rippa d´Euue demostra a inexistencia ou escaso valor referencial nesas datas destes dous barrios de Cabanela e Porcillán.
Sábese pola documentación medieval que a igrexa de Santiago de Vigo exerceu funcións parroquiais ata o traslado do bispado de Mondoñedo a Ribadeo a finais do século XII. Nesa data o bispo Pelaio de Cebeira levantou en Ribadeo unha catedral dedicada a Santa María do Campo, convertida despois en colexiata ó perder Ribadeo a Se episcopal, a comezos do século XIII. A nova catedral veu substituír á igrexa de Santiago de Vigo nas súas funcións parroquiais, aínda que seguindo esta aberta ó culto ata ben entrado o século XVIII.
Nese barrio de Vigo, chamado hoxe A Vilavella, residía, segundo a testemuña de certas fontes históricas, unha pequena comunidade de Cabaleiros Templarios, a cuxa orde pertencía entón a parroquia de Ove antes de pasar á xurisdición da Orde de San Xuan de Malta, herdeira en España dos bens raíces da extinguida Orde dos Templarios. Esta orde de monxes-cabaleiros, creada a comezos do século XII pra a defensa dos Santos Lugares de Xerusalén e do camiño dos peregrinos, foi disolta no ano 1312 polo papa Clemente V, claudicando así ante as presións do rei de Francia, Felipe IV, que ambicionaba apoderarse das súas moitas riquezas, como así ocorreu. Pro os bens raíces que esa orde tiña en España pasaron a pertencer ós Hermanos Hospitalarios, e con eles pasou a igrexa de Ove, que pertenceu ata tempos recentes ó Priorado de Portomarín, dependente da orde dos Cabaleiros de San Xuan de Malta, os Hermanos Hospitalarios.
Da primitiva pertenza da xurisdición de Ove ós monxes templarios aínda perduran hoxe certos vestixios arqueolóxicos, como son, entre outros, segundo afirma o articulista e cura coadjutor de Ribadeo, Manuel S. Pérez, na páxina 41 do Libro Inventario do arquivo da parroquia de Ribadeo, feito no comenzo do século XX, a capela do Buen Jesús, situada nos límites actuais da parroquia de Ove e hoxe en ruínas, e á que o INVENTARIO ARTÍSTICO DE LUGO E A SÚA PROVINCIA, publicado no ano 1980 polo Ministerio de Cultura, describe deste xeito: “És de forma rectangular, sumamente pintoresca por sus torretas en forma de cubo en los cuatro ángulos y en el centro de los muros laterales”. A forma defensiva da súa estructura non parece allea á función guerreira, propia dos monxes templarios, como podemos comprobar, tamén, na estructura da igrexa de Pontomarín co seu aspecto de fortaleza militar, tan propio da orden templaria. Outra testemuña da presenza desta orde no barrio de Santiago de Vigo e actual parroquia de Ove é o bixorelevo que hai na pedra crave de cantería dunha das xanelas románicas abucinadas, situada no pano dereito exterior da capela da Virxe do Camiño, que parece representar o candelabro do templo de Xerusalén.
Outra testemuña máis que contribúe a corroborar este feito atópase no citado Libro Inventario do arquivo da parroquia de Ribadeo, que na súa páxina 41, o seu autor, o citado Manuel S. Pérez, afirma, sen facer mención das fontes históricas nas que apoia a súa testemuña, que “En este lugar (refírese a Santiago de Vigo) hubo un convento de Templarios”.
Por outra banda, a razón da presenza dos monxes templarios neste lugar encaixaría perfectamente co que constitúe a razón do establecemento desta orde na península ibérica: a defensa dos cristiáns contra os musulmáns e a primitiva protección dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela. Non é impensable que o barrio de Vigo quedase convertido naquel tempo no lugar de paso dos peregrinos a Compostela polo chamado Camiño Norte, e a razón pola que o templo alí erixido fose adicado ó apóstolo Santiago naqueles temperáns tempos.
Pódese, pois, concluír que no barrio da Vilavella estivo a orixe da actual vila de Ribadeo, antes da repoboación dos barrios de Cabanela e Porcillán feita no ano 1182 polo rei Fernando II de León. E non só a orixe da vila de Ribadeo, senón tamén o berce da xurisdición eclesiástica parroquial de Ribadeo coa construción da igrexa de Santiago de Vigo, o establecemento dun pequeno convento de monxes templarios e a existencia dunha pequena Beatería ou Casa de Oración, orixe do posterior convento de Santa Clara, segundo tamén afirma no referido Inventario o antes citado historiador e articulista, Manuel S. Pérez.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



