Cervo, 30 de setembro de 2016. O Concello de Cervo ven de rematar as obras que levou a cabo no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao. O investimento, cofinanciado pola Xunta e o Concello, ascendeu a 33.400 euros e as obras consistiron na mellora da acústica, na extensión da rede wi fi e na instalación dun proxector con pantalla.
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou este venres que “desde o Concello de Cervo rematamos unhas obras que realizamos no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao. Foron cofinanciadas entre a Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Cervo. O investimento total foi de 33.400 euros, dos que a Consellería puxo 11.100 euros e os restantes 22.300 euros foron aportados con fondos municipais”.
Alfonso Villares engadiu que “este auditorio foi inaugurado no ano 2007, pero sempre hai cousas que hai que mellorar ou engadir á hora de que a prestación do servizo deste auditorio, onde realmente estamos a facer moitas actividades culturais ao longo do ano, teña máis calidade para que as distintas persoas que vamos por alí poidamos gozar máis de todos os eventos que se realizan”.
O rexedor municipal explicou que “as dotacións consistiron sobre todo en facer unha mellora na acústica e na sonoridade, tamén se ampliou a rede wi fi a esta zona que está soterrada e polo tanto a cobertura de internet era difícil e ademais colocouse un proxector e unha pantalla, que vai posibilitar que se poidan levar adiante neste auditorio outro tipo de actos”.
Villares asegura que “desde o Concello de Cervo non soamente melloramos, como levamos dicindo durante estas últimas semanas, naquelas infraestruturas básicas de saneamento e na rede viaria senón que tamén facemos obras nun aspecto que non podemos esquecer que é o cultural. Desde sempre eu penso que unha das características que máis nos identifica a Cervo é a aposta pola cultura, como levamos facendo durante estes últimos anos e como fixemos tamén á hora de mellorar esta infraestrutura como é o auditorio de San Cibrao”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



