Unha vez máis @s estudantes galeg@s e as familias galegas baleiramos as aulas dos centros educativos públicos e saímos a rúa para amosar o noso máis absoluto rexeitamento á LOMCE e ás súas REVÁLIDAS.
Continuamos ESIXINDO aquilo que vimos esixindo nos últimos anos, a DERROGACIÓN DA LOMCE E A ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS XA!!!.
A pesares do enorme traballo desmobilizador realizado polos gobernos español e galego, difundindo informacións enganosas baseadas en falsas promesas; e a pesares tamén, dos moitos problemas que un temporal de auga, vento e frío produciu en moitas cidades galegas, hoxe milleiros de persoas, estudantes, nais e pais, traballadoras e traballadores e representantes de organizacións sociais e políticas, encheron ás rúas de cidades e vilas galegas. Hoxe, máis do 90 % do estudantado da ESO e do Bacharelato e máis do 50 % das familias con alumnado en infantil e primaria baleiraron as aulas dos centros de Ensino Público Galego, amosando o claro compromiso que a sociedade galega adquiriu para lograr un verdadeiro modelo educativo galego, público, inclusivo, laico e de alta calidade.
Mais o primeiro paso para poder chegar a ese modelo educativo que todas e todos estamos ESIXINDO aos representantes políticos é DERROGAR A LOMCE e retomar a LOE que tiñamos antes da perniciosa e rexeitada reforma, para así poder comezar coas negociacións e poder chegar a ese tan demandado consenso.
A Confederación ANPAS GALEGAS valora a xornada de hoxe como un ÉXITO ROTUNDO da sociedade galega e espera que TODAS as forzas políticas tomen nota do acontecido e se deixen de facer demagoxia propondo paralizar a implantación do que xa está implantado ou quitarlle efectos académicos ao que xa non os ten.
Hoxe quedou claro que xa non nos enganan e que A ÚNICA POPOSTA QUE ACEPTAREMOS É A INMEDIATA DERROGACIÓN DA LOMCE.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



