Lugo, 24 de novembro de 2016.- O Grupo Provincial do PP denuncia o estado deplorable no que a Deputación mantén o Museo Provincial, responsabilidade da institución que goberna Darío Campos. Este mesmo xoves fixeron unha visita ás instalacións nas que descubriron numerosos estragos, provocados polas goteiras, condensación e humidade. Entre eles, goteiras en varias salas, paredes ás que lle cae a pintura ou o tapado cun plástico de parte do mosaico de Dédalo e Pasifae.
A voceira do PP, Elena Candia, lamenta que o PSOE manteña o Museo Provincial nunhas condicións inapropiadas para un dos escaparates da arte e da cultura dos lucenses. “Está moi ben que o presidente se sume a outros actos en defensa do patrimonio, pero estaría ben que ademais mire polo que existe no Museo e poña fin a esa situación intolerable”, engade.
Existen numerosas salas nas que chove de xeito directo, co posible risco para as pezas que nelas albergan, como é o caso da sala da cociña na que hai numerosos elementos de madeira ou a afectación que pode sufrir o mosaico de Dédalo e Pasifae, que só está cuberto en parte por un plástico. As goteiras súmanse as humidades, que non están a ser tratadas de xeito adecuado, pois está a caer parte da pintura dalgunhas das salas do museo.
Os populares consideran “lamentable” o estado no que a Deputación mantén varias das salas e urxen actuacións inmediatas para solucionar os problemas das filtracións e, evitar así, posibles danos ás obras do Museo. Os populares reiteran que as pezas e coleccións de incalculable valor que se expoñen neste edificio débense amosar ao público garantindo o seu mantemento nas condicións máis óptimas e necesarias requiridas.

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



