Foz, 25 de novembro de 2016. Coa conferencia sobre a artrose a cargo do reumatólogo e médico de familia José Manuel Lema Gontad rematou este xoves á noite no salón de actos da Casa da Cultura de Foz o ciclo de charlas médicas organizado polo Concello focense e o Hospital da Costa durante este mes de novembro.
A concelleira Silvia Blach quere agradecer á xerencia do Hospital da Costa e aos médicos participantes “a súa disposición para que un ano máis estas charlas se puideran manter. É unha actividade indispensable dentro do achegamento do hospital aos cidadáns e tamén para contribuír ao coidado da nosa saúde a través da información e a prevención”.