O Concello de Xove presenta o programa de Nadal con actividades programadas para estas datas que comezarán o venres 16 de decembro cun obradoiro de colocación do Belén na OMIX para rapaces e rapazas de 10 a 18 anos que se desenvolverá entre as 17.00 e as 20.00 horas. E o domingo 18 de decembro o salón de actos do Centro Cívico acolle o concerto de Sons de Celeiro a partir das 18.00 horas.
Xa máis preto do Nadal, o xoves 22, Papa Noel visita Xove de 11.00 a 13.00 horas no salón de actos do Centro Cívico. E o venres 23 de decembro, a partir das 21.30 horas no pavillón municipal, celebrarase o VI Concurso de Karaoke para o que está aberta a inscrición a través da Oficina de Cultura. Os ensaios desenvolveranse o mesmo día entre as 17.00 e as 19.00 horas.
O día de Nadal, 25 de decembro, o pavillón municipal acollerá a partir das 18.00 horas un especial co espectáculo infantil “Superfesta co mago loco” e chocolatada gratuíta. Pero, as actividades continuarán para os máis pequenos e pequenas durante toda a semana. Entre o luns 26 e o venres 30 desenvolverase a semana “Lecer Blanco” con cociña creativa, manualidades, mindfulness, música, xincana, karaoke e moito máis… Organiza a ANPA Pedro Caselles Román. Inscricións ata o 16 de decembro a través do teléfono 667 201 429. Tamén se proxectará o martes 27 o filme “Mascotas” a partir das 17.00 hora no Salón do Centro Cívico.
A OMIX acolle o torneo de futbolín para rapaces e rapazas de entre 12 e 30 anos o mércores 28. A inscrición está aberta na propia OMIX o 23 de decembro.
A Orquestra Clásica de Xove ofrece o mércores 28 o gran concerto de Nadal a partir das 20.00 horas no salón de actos do Centro Cívico. O venres 30 será a quenda do concerto Escolma de Meus a partir das 21.30 horas no salón de actos do Centro Cívico.
O xoves 29 de decembro será a quenda do musical “Panorama Kids” no pavillón municipal de deportes a partir das 20.30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros e pódese adquirir a través da páxina de facebook da orquestra Panorama ou a través de www.ticketea.com.
De entrada gratuíta será a festa infantil de fin de ano o sábado 31 de decembro entre as 11.00 e as 13.00 horas no pavillón municipal de deportes.
Xaneiro
O mércores 4 de xaneiro é o Día dos Nenos no que haberá xogos acuáticos na piscina municipal entre as 11.00 e as 14.00 e dende as 16.30 ás 19.30 horas. Tamén haberá inchables no pavillón municipal de deportes entre as 16.00 e as 20.00 horas.
E o xoves 5 os Reis Magos percorrerán as rúas de Xove a partir das 19.00 horas. Á chegada ao Centro Cívico as SS.MM. recibirán aos nenos e nenas. Aqueles que, ademais, queiran participar na Cabalgata como pastores débense inscribir antes do 30 de decembro no teléfono 982 592 001. A discoteca móbil Decibelios poñerá a música a partir das 20.00 horas no pavillón municipal.
O grupo de teatro da Fundación Eu Son de Burela porá en escena o sábado 7 a obra “A morte dun caniche” no salón de actos do Centro Cívico a partir das 20.00 horas.
Xa a finais de mes, o sábado 28 de xaneiro o salón de actos do Centro Cívico acollerá, a partir das 18.30 horas, a presentación da última novela de Rita Morrigan ‘Corazones en el café’, galardoada co Premio Vergara 2016.
Presentación
O alcalde Demetrio Salgueiro, xunto coa concelleira de cultura Dolores Meitín, presentaron este venres o programa de Nadal 16/17 no salón de plenos do Concello.