Conta unha lenda, que nun lugar non moi lonxano, existía unha terra fértil que producía en tódalas estacións… chea de auga ,árbores, praias, ríos e fervenzas. Un montante de 1.618 millones de euros e algo máis ó ano. Unha terra de natureza e historia, virxe e paradisíaca,
Ule ben, a nova encomenda está por vir. Chéirase entre liñas nos xornais.
Hai meses oíamos falar do concepto de cidade lineal. En orixe é Arturo Soria quen o crea 1886 influído por E. Howard e a súa ciudade xardín , pretendía ruralizar a ciudade e urbanizar o campo. Con isto entendemos que hai que potenciar as nosas parroquias e concellos pequenos dotándo de servizos e explorar e explotar os seus recursos. En poucas palabras aplícase a vella fábula de Esopo de A UNIÓN FAI A FORZA, un lema nacional da República Holandesa ou Búlgara.
A creación dunha capital comarcal real, un Concello que lidere a todos, unha corte por sorteo, itinerante e aleatoria, que poxe por desenrolar os retos comúns. Simbiose, compartir servicios públicos, radialización, e intermovilización. Relacións de apoio mutuo, convenios, procotolos e lexislación propia.
Básico é un transporte interurbán máis fluído. Concienciación e promoción do uso de atobuses ou tren, liñas propias, con bonos mensuais, mayor flexibilidade horaria, comodidade no servizo, intermodales. Non podemos deixalas caer.
Maior federación, axuda e peso a patronais, agrupacións empresariais e colectivos civís. Facendo mesas sectoriais con protagonismo que sexan quen de fortalecer o texidos económicos. Máis sociedades de desenrolo e agrupación coma as pioneras do XIX.
Potenzación dos nos recursos: Mariño, aproveitar as nosas ensenadas para cultivar coma na Bretaña, acuicultura coma Noruega, de peixe, moluscos, crustáceos ou algas .Forestal, Agrícola e Gandeiro, transformación do producto, os usos en constrcción e deseño, aproveitamento das resinas das coníferas para uso industrial, micología, enlatado, conservación e conxelación de materias de calidade, sanas e ecolóxicas, o mercado do futuro .Enerxéticos coma a biomasa, o vento ou a mareomotriz, no pasado había aceas ou muíños de mar. Xeolóxicos para o uso dos materiais autóctonos, pedra e pizarra, ferro, caolín na construcción e rehabilitación, outros nas aplicacións científicas e tecnolóxicas. Máis feiras e eventos no inverno longo e zonas de abrigo, xardíns de inverno. Tratar de facer productos propios ou elaborados, da nosa gastronomía para a venda. Programa de I+D+I, específicos e xerais, teses académicas, contacto coa Universidade. Buscar inversores nos centros financieiros e vendernos ben. Loitar contra a brecha dixital, e abrirnos ó e-comerce , cada vez con mais presenza e vendas en internet.
Isto non é un soño tivemos a primeira fábrica industrial de España, fundada en 1806, Sargadelos, ou a primeira automovilística do norte España de 1905, José Barro importaba o primer motor de explosión, asustou á xente nun viaxe aventureira por Galicia. E unha lista de exportación de mineral e numerosos productos manofacturados ó longo de séculos.
Temos que acometer unha apertura ó exterior en tódolos campos.
Poxar polo xeodestino turístico, un pack, todo en un, porque temos sol, auga, centrarnos en promovelo máis por fora, xa que se peca de vendelo de cara a galería, publicidade interna, véndennos a moto. Crear o maior camping de España con reservas naturais. Unha universidade de verán que traia mozos preparados, que de maiores contarán da nosa potenza. Instalacións deportivas de rutas de bici, sendeirismo ou acuáticas que existen e só precisan de pequenas melloras e marcaxe.
Velar polo estudo, divulgación, excavación e conservación dun dos Patrimonios Históricos mais ricos de Europa. Con máis excavacións arqueolóxicas e protección das mesmas, temos moreas de: castros, vilas romanas,vestixios vikingos, fenicios, petroglifos, mámoas, torres e casas medievais, pazos, igrexas ou a primeira catedral de España… este capítulo é extenso.
No espazo educativo hay que apostar pola formación dos rapaces aunando centros e facelos máis específicos, técnicos, aplicados ós recursos locais.
Erradicar o éxodo xuvenil con apoio económico de políticas para o emprendemento e as ideas frescas.
Os portos xogan un papel fundamental, precisan da apertura a novas liñas comerciais e de viaxe, e mellorar ós trámites burocráticos.
A derradeira e máis vital a necesidade de unirnos para conseguir unha estrada á altura, porque da noxo vela de Viveiro a Foz, petando se hai falla nas portas do averno. Non desesperen o proxecto de ferrocarril da costa iniciouse 1886 e inagurouse o traxecto no 1972, e costou sangue e suor.
O legado indiano é a cicatriz dun pobo que escribiu a historia de nacións, alén do charco. Fixeron universal A Mariña, un oasis cultural e de progreso, espello no que mirarnos.
Non olvidemos que somos irmáns de Asturias e Ortegal. Máxico é que os científicos, están comezando a falar desta zona como o centro da Pangea terrestre, cando era todo un continente. E iso é a historia da terra e da vida coñecida no universo, algo tan grande que se ve con ollos de cego… ¡Rapazas e Rapaces, somos un pivón!
Escribía Cunqueiro: Nado nunha illa pequena, peñascosa; eu nunca ollado tiña un río, pro soñei un centenar.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



