Barreiros 6-3-17. Co gallo das festas de San Rosendo, celebrouse o xa tradicional abertiño de billarda, que ano a ano colle mais pulo e forma xa parte da tempada billardeira na conferencia NorLeste da LNB.
Nesta V edición e ca cordinación do gran selecionador nacional Manolo Flores, xuntou unha nómina de recoñecidas estrelas da mariña e da chaira a que se xunguiron novos palanadores ca intención de dar moita guerra nun futuro mais perto que lonxano.
Como non podía ser doutro xeito, os novos palanadores recibiron o seu bautizo billardeiro cunhas pingas de choiva que a piques tiveron de trasladar a disputa do aberto cara o pavillón de deportes; mais foi so un aviso para o que viría mais tarde (lóstregos e un ar enfurecido que levou por diante o escenario da orquestra e fixo suspender a festa), que nembargantes nos permitiu xogar ao ar libre no campo da festa.
Dous grandes grupos disputándose os catro primeiros postos para pasar as finais, con resultados moi parellos e con lixeiro dominio de Daniel, Pepe de Outeiro, Manolo Pozo e Franco seguidos de Geni, Muriego, Flores e Xermán.
Na final impúxose un gran Xermán (o que tivo, retivo), que aproveitou un erro de Daniel para facerse co primeiro posto, terceiro foi Manolo Pozo.
A entrega de premios do gran Abertinho do “San Rosendo 2017” correo a cargo de Flores asistido por José Iravedra (coñecido por Peque, gran valedor e impulsor deste aberto) que entregaron ao “Ekipa-Bítere” Xermán Viluba o espectacular Lacón de seis kilos que o acredita coma campión absoluto. A súa dereita Daniel coma segundo clasificado, cá cachola de porco e a esquerda, Manolo Pozo cas dúas ristras de chourizos coma terceiro clasificado, ámbolos dous de Billardeiros Musicais. Parabéns para tódolos palanadores e para a organización, que xa están pensando na vindeira edición para mellorala e facer deste aberto un referente da billarda do NorLeste.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
