Burela, 6 de marzo de 2017. A Concellería de Inmigración e Cooperación do convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas con motivo da celebración o vindeiro 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
O obxectivo do certame de Debuxo-Pintura “é concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre a problemática da discriminación racial e a súa prevención”, segundo explica Angélica Gómez.
A edil socialista sinala que “no IV Certame de Debuxo-Pintura poden participar rapaces/as dende os 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroad@s no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante. Ademais haberá unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e de Eu Son. A técnica do debuxo é libre e a medida tamaño folio DIN A4”.
Angélica Gómez conta que “haberá un premio para cada categoría: publicación dos debuxos seleccionados conmemorando o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e un agasallo valorado en 60 euros para cada unha das categorías”.
Os traballos deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais d@ autor@, e poderán presentarse ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela (rúa Eijo Garay, 20 27880-Burela) ou nos centros de Educación Primaria e Secundaria da localidade.
O prazo de recepción de orixinais finaliza o día 15 de marzo.
O IV Concurso de Lemas “pretende transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da discriminación racial”, dixo Angélica Gómez.
A concelleira de Inmigración e Cooperación indica que “neste concurso poden participar as persoas empadroadas no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio.
Cada participante pode enviar ata un máximo de 5 lemas con sete palabras como máximo cada un deles, e proporalle á organización os lemas que elixiu enviando unha mensaxe de correo electrónico a integracioninmigrantes@burela.org”.
Entre todos os lemas enviados escollerase un que será o que distinga a celebración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial do ano 2018, e que será o gañador do premio valorado en 60 euros.
O prazo de entrega remata tamén o 15 de marzo do 2017.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



