Ducias de persoas, algunhas representantes de asociacións e colectivos de Burela, asistiron aos actos convocados polo Concello para celebrar o día internacional da muller. A carón da Casa Consistorial os participantes fixeron unha cadea humana. A edil Patricia Otero procedeu a dar lectura ao manifesto conmemorativo da FEMP e houbo unha solta de globos. O alcalde, Alfredo Llano, e outros membros da Corporación Municipal acudiron a esta cita.
