Ribadeo, 24 de marzo de 2017. O ex presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, asegura que van catro perdidos para esta entidade coa actual xunta directiva e subliña que foron moitas as prebendas que perderon os socios.
O que fora presidente do RCNR critica o traballo do actual equipo directivo ao longo dos catro últimos anos e culpa directamente a Ramón Acuña: “nada máis que leva esgrimindo o tema das facturas, do mal que deixamos a entidade e do mal que o fixemos, pero non falamos nada do que fixo vostede no Club Náutico durante estes catro anos, que foi nada de nada”.
Mario Coto dille a Ramón Acuña que “votou a Transgascogne, unha regata internacional que votou fora de Ribadeo por non saber moverse nin querer traballar. A Semana Náutica de Ribadeo é a aberración máis grande que está ocorrendo nos últimos anos, non existe Semana Náutica, e ten a desfachatez de dicir que a culpa a teñen os socios porque non colaboran. Cando a Semana Náutica non funciona é porque este señor non sabe facer nin operar e non quere traballar”.
O ex presidente do Real Club Náutico de Ribadeo sinala que “sacoulles prebendas aos socios que tiñan dúas varadas gratis ao ano e agora so teñen unha, achicado de lanchas todo o ano e unha varada anual, limpeza de barco e aplicación de patente gratis aos maiores de 65 anos, iso tamén llelo sacou aos socios”.
Coto di: “se falamos da estrela do Club Náutico, posta pola miña directiva e mais eu, a cea do socio que desapareceu. Dixo que era de mal gusto cando facíamos unha celebración de unión, e vostede e os seus amigos ían cear alí. Traballaba toda a miña directiva, algúns socios que axudaban, as mulleres e os fillos de todos nosoutros para que vostedes comeran a mesa e mantel, e despois critica que era de mal gusto, pero sen embargo ía alí comer”.
En resposta ás últimas declaracións realizadas por Ramón Acuña o ex presidente do RCNR puntualiza que “fun empresario por elección e porque meu pai xa o fora, pero tamén puiden ter sido enchufado en Alúmina Aluminio. Xamais se me ocorrería a min meterme en política e por certo nas hemerotecas está o resultado do seu paso pola vida política. E fun presidente si, do Club Náutico de Ribadeo, e fíxeno Real. Esa foi a pegada que Mario Coto deixou nesa entidade. E non aspiro para nada a volver a ser presidente. O meu, o noso momento xa pasou, pero tampouco imos deixar que se rían de nós e que digan o que non é”.
Mario Coto pensa que “agora debemos ter un montón de pasta porque facer non fixo nada, porque non sabe e non quere traballar. Supoño que estará gastando os cartos nos xuízos, e di que estamos metidos niso por culpa miña. Non, estamos por culpa súa, recoñézao e sexa un día honrado consigo mesmo. Pídolle que recapacite sobre o que estou dicindo e se ve que digo mentiras e pode demostralo xa sabe o que ten que facer, pero isto que lle digo é verdade”.
Coto insiste: “vólvolle pedir que coa súa actitude de ineptitude, de vagancia e de non querer facer, deberían dimitir. Non me mande vostede que recolla a firma do dez por cento dos socios para convocar unha asemblea extraordinaria. Eu non teño que convocar nada, que ten que dar contas aos socios é vostede. Eu o que fago é informar aos socios para que o saiban, o que non fai vostede. Sr. Acuña leva vostede catro anos esgrimindo o mesmo tema para tapar as súas deficiencias. Di que o problema do tesoureiro para quen o fiscal pide un ano de cárcere e seis meses de condena, que teño eu a culpa. É unha desfachatez. O fiscal abriu indicios de que este señor mentira e di textualmente que mentiu premeditadamente e maliciosamente, foi nunha declaración na que foi como testemuña e eu non teño ningunha culpa, quen mentiu foi o señor Fraga”.
O ex presidente do RCNR considera que “afortunadamente os xulgados están dicindo outra cousa porque Ramón Acuña dixo que isto había que dilucidalo en sede xudicial e nosoutros fomos á xustiza. Di que había que optar pola xustiza deportiva, pero non é o que din os estatutos. Eu non aprobei os estatutos, eu votei en contra deses estatutos pero aprobáronse antes de que eu fora presidente do Club Náutico, que lle obrigamos a modificalos porque non cumprían a lei. Os estatutos dicían que hai que ir á vía xudicial. A verdade é esta. Seguro que vostede non sabe interpretar as leis, pero pensa que si. Non hai que enganar aos socios e Ramón Acuña leva enganando aos socios catro anos, dicindo que quedara en bancarrota o club, pero aos poucos meses de ter dito todo iso saíu dicindo que tiña saneado o club con 70.000 euros de superávit. Non siga mentindo nin dicindo que quere defender aos seus directivos cando quen os meteu neste follón foi vostede. Eu dixen desde o principio que quen se facía cargo de todo isto, se algo malo pasou, é Mario Coto, e mantéñoo. O ex secretario levou a demanda ao xulgado e gañou no Supremo. Pídolle que non siga por ese camiño e deixe á xustiza actuar”.
Mario Coto remata a súa intervención da seguinte maneira: “Acuña quixera xogar unha partida forte contigo e falarmos da túa carreira profesional e política. Xa sei que non tes moito tempo, pero eu si. Entón cando ti teñas tempo, xogamos esa partida pendente”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



