En Viveiro a 24 de marzo de 2017. Desde o PP de Viveiro lamentamos o esperpento no que se ten convertido o proceso de selección do persoal da piscina municipal, unha vez que outra sentencia xudicial confirma que a selección do xerente da mesma é nula, non só se ten xogado coa vida das persoas participantes, senón que ademáis, tal e como xa adiantaramos, vainos costar un bo diñeiro ós veciños de Viveiro.
De momento 1000 euros en costas, e o que virá cando o xerente elexido nun primeiro momento o boten á rúa e denuncie ó Concello por danos persoais e patrimoniais, pero non quedará aquí o asunto, xa que o novo adxudicatario tamén reclamará o deixado de percibir en todo este tempo que tendo que estar no seu posto non o estivo.
Si a esto lle añadimos o baile producido nas listas de monitor deportivo e monitor sala socorrista – como consecuencia doutra sentencia – , e a posibilidade de que outras persoas que optaban a outras plazas reclamen a revisión das súas puntuacións, estaríamos ante un autentico despropósito que poñería colorado a calquera que tivese dous dedos de frente.
Ó PP de Viveiro non lle cabe ningunha dúbida de que este é un novo exemplo da nefasta xestión da Sra. Alcaldesa e o seu equipo de goberno, que ven a sumarse a outras ben recientes e de infausto recordo como son a disolución de Turviveiro ou a desaparición de 20.000 euros das contas de Aparcamientos A mariña, como consecuencia da deixadez e a falta de control por parte de quen nos goberna.
O PP de Viveiro denunciamos desde o primeiro momento que as bases de selección nos parecían sorprendentes e moi mellorables, e visto o visto como se van desenrolando os feitos parece que a nosa teoría se confirma. Sinalábamos que en moitos casos a titulación esixida para optar a algunhas plazas nos parecía escasa e que os principios de mérito, capacidade e igualdade parecían importar pouco para os redatores destas bases.
Desde o PP de Viveiro creemos que a Sra. Alcaldesa debería de dar explicacións moi detalladas sobre este proceso de selección, que se fixo aprisa e correndo para contentar a algúns e que agora emana un tufillo difícil de soportar. Deu a impresión desde un primeiro momento, que o que menos importaba era que o persoal elexido fose o máis apto para ofrecer un servizo de calidade ós usuarios da piscina municipal de Viveiro.
No seu momento o noso grupo abstivose na votación para optar pola municipalización da piscina ou porque a levase unha empresa, fíxemolo asi porque carecíamos dos datos necesarios que nos permitisen decidir cal das dúas fórmulas era a mellor. Vistos os antecedentes do equipo de goberno socialista en materia de xestión municipal, as queixas que hai sobre o funcionamento actual da piscina e todo o circo montado entorno a selección de persoal, cremos que a decisión de municipalizala non foi moi acertada.
Agardamos que a Sra. Alcaldesa asuma a súa responsabilidade e compareza explicando detalladamente este “piscinazo” que lamentablemente e como consecuencia da súa mala xestión imos ter que pagar todos os veciños de Viveiro , sin esquecer a mala imaxe que se traslada do noso Concello que se ve unha e outra vez envolto en claros exemplos de pésima xestión.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



