Alfoz 1-4-17. Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o Concello de Alfoz, a través da Biblioteca Municipal, organizou un contacontos para os nenos e nenas da Escola Infantil de Alfoz. Os máis pequenos, acompañados de papás e mamás, viaxaron ao país de Cocoricoricó onde alguén roubou o arco da vella e ningún animal consegue atopalo, pero as pitas e os pitiños do curral de Cocoricoricó saíron na súa busca e non pararon ata atopalo. Esta obra de Charo Pita, foi unha actividade encadrada dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal, organizadora do evento, colabora durante todo o ano coa Escola Infantil de Alfoz, que actualmente conta con 12 usuarios.
Referente dita escola, desde Concellería de Igualdade e Benestar, recórdase que está aberto o prazo para a renovación de praza ou de novo ingreso para o curso escolar 2017/2018 ata o 10 de abril, podendo dirixirse á propia Escola Infantil de Alfoz en horario de 8:30 a 15:30 horas de luns a venres, para formalizar a solicitude ou para ampliar a información.
A petición do Concello de Alfoz, o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar comprometeuse á ampliación do horario da escola e á posta en marcha do servizo de comedor no vindeiro curso, no caso de existir demanda. Neste sentido, para saber a demanda real de usuarios que necesitan horario de tarde ou servizo de comedor, desde o Concello de Alfoz, animan aos pais e nais a que indiquen as súas necesidades de horario e de servizo de comedor no momento de facer a solicitude de adxudicación de prazas, pois estes servizos dependerán do número de peticións.
Aínda que teñen prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no Concello de Alfoz xunto con, polo menos, un dos proxenitores, na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, polo que poderán optar a elas nenos e nenas de concellos próximos.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



