No restaurante Louzao de Area en Viveiro, os compañeiros de Antonio González “Luanco” ofrecéronlle este venres unha merecida homenaxe pola súa prexubilación. Asistiron un total de 60 comensais.”Luanco” debe o seu alcume ao lugar de nacemento nesa localidade asturiana, aínda que se considera un mariñán de adopción, é unha persoa moi coñecida e apreciada na factoria de San Cibrao.
