A Mariña 9-5-17. O Observatorio da Mariña pola Igualdade quere manifestar a súa máis enérxica condena polo asasinato machista do menor que se cometeu o pasado domingo día 8, e trasladarlle o noso máis profundo pesar a mai do menor e aos familiares e amizades.
Cada caso creba o noso sentido, sen comprender un sistema que provoca indefensión e a desprotección das vítimas, como neste caso, agresor con dereito de réxime de visitas.
Queremos sinalar que seguimos sufrindo mais outro ano no que a macabra lista de mulleres e menores vítimas da violencia de xénero non se detén, e advertimos do risco que implica a naturalización da violencia contra as mulleres e súas fillas e fillos, convertendo estes crimes en meros datos numéricos aos que a sociedade se vai acostumando.
O Observatorio segue a denunciar a necesidade de máis esforzos e medios para combater esta lacra , e esixe ás institucións que se poñan a disposición da sociedade con todos os recursos materiais e humanos que sexan precisos para que, de maneira definitiva e rotunda, dende calquera eido sexamos quen de rematar coa discriminación das mulleres en xeral e coa violencia machista en particular.
Non podemos esquecer que a violencia de xénero comeza a manifestarse cada vez a idades máis temperás e por iso incidimos en que a solución a esta violencia debe ter como piar fundamental a educación, e estar baseada no fomento de valores coeducativos e da educación en igualdade.
Reivindicamos e esiximos que, de unha vez por todas,o terrorismo machista sexa considerado unha cuestión de Estado para loitar contra os feminicidios dende xa. Necesitamos feitos,non palabras. Necesitamos medios, non minutos de silencio.
Dende o feminismo, seguiremos a loitar contra o machismo. Porque queremos vivir nun mundo no que a igualdade real entre homes e mulleres sexa unha realidade. Porque vivir sen violencia é un dereito!
O MACHISMO MATA. QUERÉMONOS VIVAS.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



