Santiago de Compostela, 11 de maio de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe ao goberno galego que lle reclame compensacións ao Ministerio de Pesca para os buques afectados polo peche de pesqueiras con pouca antelación. Toja presentou unha pregunta oral na que sinalou o incumprimento polo goberno galego da proposta presentada polo PP para avisar destes peches con 48 horas de antelación.
“Fan que fan, pero en realidade non fan nada”, así resumiu a deputada socialista o incumprimento, en menos de catro meses, dunha iniciativa aprobada en Comisión o pasado 29 de decembro. Levou ao Parlamento o peche da pesqueira da xarda para as artes distintas de arrastre e cerco de Pontevedra, aprobada o 3 de abril e que entrou en vigor ás doce daquela mesma noite, sen dispor nin de 24 horas.
A efectos prácticos, aquela decisión traduciuse en 40 embarcacións que tiveron que regresar do Cantábrico logo de pescar, no mellor dos casos, unicamente cinco días. Acusou á Xunta de tomarse á lixeira a situación dun sector que “padece as consecuencias da súa ineficiencia”, que nesta ocasión obrigounos a tirar pola borda as contratacións, investimentos, combustible, comida e tódolos gastos que supón unha costeira fracasada.
Toja puntualizou que “ninguén dixo que gobernar fora fácil”, para a continuación reclamarlle ao goberno galego que faga as xestións necesarias diante do goberno central para “poñer os medios e as ferramentas” para protexer a todo un sector que “está sufrindo a súa propia ineficacia”.
Lamentou que a Consellería se limitara hoxe a sinalar a “imperiosa necesidade” de tomar medidas neste sentido, logo de levar cinco meses facendo caso omiso das súas propias iniciativas, e demostrando un lamentable desinterese que lastra unha das principais actividades económicas de Galicia.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



