Viveiro a 2 de xuño de 2017. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE ACTUACIÓN CONTRA OS EXCREMENTOS CANINOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Moitas das rúas de Viveiro presentan un estado lamentable debido a cantidade de excrementos caninos que diariamente nos atopamos nelas como consecuencia da falta de civismo dalgúns dos donos destes animais.
Dende fai tempo o noso grupo ven recibindo queixas de bastantes veciños motivadas por esta situación, dado o mal aspecto e a insalubridade de moitas das nosas rúas pola presencia destas deposicións.
Non é menos certo que son moitos os donos destas mascotas que si se comportan cívicamente e recollen as deposicións dos seus cans, motivo polo que en aras de respectar os dereitos dos que teñen mascotas e facilitar unha convivencia en paz e en igualdade de dereitos e obligacións, deberemos de adecuar lugares ós que poidan acudir cos seus animais de compañía para que efectúen as súas necesidades.
Na actualidade a única regulación ó respecto sobre este asunto aparece recollida na ordenanza de policía y buen gobierno – en vigor dende 1996 e actualizada no 2009 -, en concreto no seu artigo 58 que di: como norma básica de urbanidade e respeto ós seus concidadáns, os donos de animais domésticos que circulen polas vías públicas urbáns estarán obligados a recoller as deposicións dos mesmos e depositalas en papleleiras, contenedores ou demáis instalacións ó efecto.
No pleno do 28 de setembro de 2016 o noso grupo presentou un rogo relativo, entre outras cuestións, a esta problemática da recollida das heces caninas, respostándosenos por parte da Sra. Alcaldesa que se estaba a elaborar un regulamento ó respecto. Nove meses despois daquel anuncio nada se sabe do mesmo.
Por esta razón dende o Partido Popular de Viveiro queremos impulsar un plan de actuación para acabar con esta situación, propoñendo ó Pleno da corporación a aprobación dos seguintes acordos:
ACORDOS
1. Que a Policía Local controle o cumprimento do establecido na ordenanza de policía y buen gobierno en relación co artículo 58.
2. A realización dunha campaña de concienciación que faga un chamamento á colaboración cidadá.
3. Habilitación de espacios nas distintas zonas urbáns do noso concello para que os donos de mascotas poidan levalas a efectuar as súas necesidades.
4. Poñer dispensarios de bolsas nas papeleiras para a recollida de excrementos.
5. Creación dunha comisión con representantes de todos os grupos da Corporación, para a elaboración dunha ordenanza específica que regule máis ampliamente e en profundidade todo o relativo a protección e tenencia de animais de compaña.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP