Mondoñedo, 6 de xuño de 2017. Os socialistas de Mondoñedo din que a cidade vive o maior deterioro da súa historia, e denuncian o abandono dos recursos naturais e turísticos da cidade.
Esperanza González lamenta que unha cidade como Mondoñedo, “con todo o seu potencial e con todos os recursos cos que conta estea constantemente desantendida. Non hai máis que saír á rúa e dar un paseo pola cidade para comprobar in situ, como todo está desatendido e sen limpar”.
A voceira denuncia que “ a Ponte do Pasatempo, o cemiterio vello, o aparcadoiro da Alcántara que está completamente abandonado, ou mesmo o Campo dos Paxariños, que desde que fai un mes que se celebraron As Quendas segue sen recollerse”. Asegura que “todo este panorama de abandono e de deixadez, reflicte a desorganización do equipo do Goberno de Candia”.
Ademais empraza a Candia “a deixar de enganar aos veciños con propaganda mediática pagada”, e acusai de estar “máis preocupada por ocupar a poltrona do PP que por atender aos problemas dos mindonienses, porque a nosa Alcaldesa adicase a todo menos para atender os intereses dos nosos veciños”.
E sobre a xuntanza que mantivo este sábado cos veciños di que “esa tarde que estivo con eles, foi o maior tempo que lles adicou no que vai de mandato, porque nunca está no Concello, está subida aos coches oficiais que lle gustan moito”, criticou.
Pancarta no Instituto
Ademais acusa a Elena Candia de estar máis preocupada por coartar os dereitos e as liberdades da comunidade educativa mindoniense que de atender as súas demandas. “Ao PP moléstalle unha pancarta no Instituto, pero non lle molesta que se reduzan as becas ou que non se cubran as prazas de profesores. Esta é a súa democracia”, insistiu.