Viveiro a 31 de Maio de 2017. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas e rogos sobre os que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
PREGUNTA
1º) Según podemos observar no parque pùblico Pernas Peon algunhas árbores, en concreto tres eucaliptos grandes e de moitos anos están secando, o que pode ser un perigo para as persoas que usan e transitan por este parque. Por esta razón lle PREGUNTAMOS ó equipo de goberno:
a) Ten coñecemento da situación destas árbores?
b) En caso afirmativo , que medidas se van tomar para recuperar as árbores?
c) Van adoptar algunha medida para evitar os posibles riscos para os usuarios do parque?
ROGOS
1º) Según puidemos observar desde fai tempo no Mirador do Pirixel, o banco existente está roto e en malas condicións, polo que entendemos que sería necesario cambialo por outro. Así mesmo, veciños desta zona pedironnos manter este Mirador en boas condicions de limpieza e corte de maleza, asi como a colocación de beirarrúas e mais control do tráfico nesta carretera debido ó exceso de velocidade dos vehículos, o que ten provocado varios accidentes nos últimos meses. Por estes motivos lle ROGAMOS ó equipo de gobernó que se teñan en conta estas demandas dos veciños do barrio do Pirixel e se lles de unha solución a maior brevidade posible.
2º) Son varias as persoas maiores que se dirixiron o noso grupo, para comunicarnos a carencia de bancos públicos donde poder sentarse e descansar ó longo da avenida Cantarrana na parroquia de Covas. Por este motivo lle ROGAMOS ó equipo de goberno a colocación de bancos nesta avenida para solucionar a demanda destes veciños.
3º ) Na parroquia de Celeiro algúns veciños de Lavandeiras das vivendas nº102-104 que teñen acceso a través dunha pista de 100 metros lineales aproximadamente – por detrais do taller mecanico Peugeot -, nos informaron do mal estado do asfalto, así como da existencia de abundante maleza. Por estes motivos lle ROGAMOS ó equipo de goberno municipal que cumpla coa promesa feita a estes veciños fai máis dun ano de reparar dita pista. Asi mesmo e aproveitando esta situación tamén lles ROGAMOS que se teñan en conta para o seu adecentamento, as demáis pistas do Concello de competencia local de acceso a vivendas con baches e abundante maleza
4º) Según puidemos comprobar o parque público infantil do barrio da Atalaya na parroquia de Celeiro está con abundante maleza e presenta certo estado de abandono. Por este motivo lle ROGAMOS ó Goberno Local que proceda a linpeza e adecentamento desta zona de ocio .