André Pena Graña, un dos máis recoñecidos estudosos da Idade Antiga e da Alta Idade Media en Galiza, fechará o xoves 3 de agosto ás 20:30 as XXII edición das Xornadas de Historia de Foz organizadas pola Asociación A Pomba do Arco cunha palestra a celebrar na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz e que levará por título “Os bretóns no norte de Lugo”.
A chegada dos bretóns á Mariña de Lugo vaise producir segundo Gildas entre o 440 e o 460 instalándose na franxa costeira que se alonga desde Ferrol até Navia. Segundo Pena Graña “ chegaron a Galiza fuxindo das Illas Británicas onde eran vítimas das persecucións dos Saxóns que comezaron a ocupar as illas na segunda metade do século IV, unha vez que desaparece a antiga administración romana. Nese período de 20 anos, e en sucesivas emigracións, os orixinarios habitantes das Illas Británicas instalaranse na actual Bretaña francesa e no norte galego, pobo ao que estaban vinculados por razóns culturais e relixiosas e tamén de proximidade, xa que naquela altura unha viaxe por mar entre Galiza e as Illas non se alongaba en máis de 3 días. A chegada dos bretóns a Galiza vaise ver favorecida pola existencia naquel momento dun reino independente en Galiza, o Reino Suevo, o primeiro dos reinos medievais de Europa, xurdido por volta do 407 e que se manterá como realidade diferenciada até o momento da conquista arabe”.
A día de hoxe descoñecese o número de bretóns que se asentaron en Galiza e na nosa zona, pero debíase de tratar dunha comunidade numerosa á vista de que os reis suevos lle ceden unha dioceses, a coñecida como diocese de Bretoña, de cuxa existencia dan conta importante documentación da época como o “Parroquiale Suevorum” ou as actas do “Concilio de Lugo”. Segundo Pena Graña “polas mesmas sabemos que a igrexa neste territorio organizábase de xeito semellante á irlandesa, sendo o bispo o máximo responsábel dunha comunidade de fieis e non dun territorio como acontecía no resto das dioceses galegas. Chegaron até nos os nomes dunha ampla lista de bispos da comunidade bretoa pero ningún deles acadou a fama e o recoñecemento de Mailoc, bispo britoniense que participou no concilio de Lugo e que remataría por inmortalizar Milladoiro no seu disco “A Galiza de Mailoc”. O nome de evidente orixe celta e comun a todos os pobos do atlántico europeo ben a significar “ fillo de rei”.
As orixes do centro relixioso de San Martiño de Mondoñedo está vinculado á presenza dos bretóns en Galiza. Sinala Pena Graña que “ a grande maioría da historiografía galega coincide en sinalar San Martiño de Mondoñedo como o lugar no que se atopaba situado o “Mosteiro Maximun”, o principal centro cultural e relixioso da comunidade bretoa e do que ficaron numerosas referencias nas crónicas da época. Alén doutras moitas consideracións a ubicación do “Mosteiro Maximun” está avalado pola propia arqueoloxía, xa que no momento que Chamoso Lamas realiza as súas escavacións arqueolóxicas en San Martiño de Mondoñedo aparecen numerosos restos dese momento histórico, entre eles sepulturas ou muros dun antigo mosteiro situado sobre dun castro de dous foxos. A maior abondamento debemos ter en conta que algunha parte dos muros da actual basílica de Mondoñedo correspondese ao século V e VI, o que da en pensar que o actual templo foi construído sobre dun anterior”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



