Burela 24-8-17. O conxunto cadete volverá representar o Pescados Rubén Burela FS esta fin de semana no Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte. O pavillón municipal Parquesol acollerá a segunda edición da cita entre o sábado e domingo, con Valladolid Tierno Galván, Laguna FS, Club Deportivo San Cristóbal, River Zamora, Salamanca FS, Tres Columnas FS e Rivas Futsal como rivais dos mariñáns adestrados por Christian Fustes.
Será o primeiro compromiso dos cadetes, que comezaron a pretempada o 21 de agosto. Entre o Futuro Laranxa, tamén están traballando, dende o día 14, os xuvenís con Christian Fustes, Mario Pillado e Simón Martínez no corpo técnico.
A cita valisoletana, na categoría xuvenil (pavillón Lalo García), acollerá a Laguna FS, River Zamora, Valladolid Tierno Galván, CD Medinense, Las Rozas Boadilla, Atco. Benavente, AD Escurialense, Rivas Futsal.
Calendarios de xuvenís 2017-18
O xuvenil de División de Honra estreará a liga o 23 de setembro, recibindo ao Cidade de Narón. Compartirán o Grupo 1 ademais con Talleres ABC-IES Coruxo Vigo FS, Pecheches FS A, Troula Betanzos FS, Leis Pontevedra, SD A Gaiola, Santiago Futsal, Fútbol Sala Bueu, EDM Concello de Guitiriz, Alto do Vento FS, Vigo 2015 e ADC Lugo Sala Keeper Galicia. O conxunto laranxa, actual campión de liga, pechará a competición o 28 de abril, tamén na casa, co Noia FS, na xornada 26.
A outra folla de ruta que se coñece ata o momento na base burelista é a de Liga Galega Xuvenil, con inicio o 30 de setembro na Bomboneira fronte aos Meigallos. A clausura será o 2 de xuño, coa visita do Begonte na xornada 30. Completan o calendario Baíña Fútbol Sala, Academia Red Blue 5 Coruña FS, Áncora d’Ouro, A Tropa Coles, ED Poio Pescamar FS, Cios Vigos, GRI Carballiño Fútbol Sala, Pizarras Los Tres Cuñados FS, Prolsport-Vivian, Valdesuso Peugeot Vilalba FS, Redondela FS, EDC Verín e Prone Lugo Adarve.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
