Barreiros, 28 de setembro de 2017. O Concello acolleu hoxe a presentación das carreiras Monte Comado, que terán lugar os días 14 e 15 de outubro. Están organizadas por Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Decoración e Pintura Centeno, Actiboot, Café Bar Moderno e Meta. E contan coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil e a Deputación Provincial de Lugo.
Este ano presentouse a clásica de ½ km vertical, como novidade o Trail 13km, o Trail de 26km e o trail infantil.
O día 14 de outubro terán lugar as carreiras ½ km vertical e Trail Infantil, a 1/2km vertical con saída ás 16:30 dende a praia de Arealonga e o trail infantil ás 17:30 no cumio de Monte Comado, se o tempo o permite. Xa o día 15 terán lugar os dous trails, 13km e 26km con saída ás 9:30 dende a praza de Reinante.
Dende a organización animan “a participar a todo o mundo xa que os lugares e vistas polos que transcorren as carreiras non os deixarán indiferentes”. E lembran que “as inscricións atópanse abertas e terán un cambio de tarifa a partires do día 1 de outubro. Tamén salientar que todos os inscritos nalgún dos trail poderán participar na carreira 1/2km vertical de maneira gratuíta”.
Toda a información e inscricións atópase na páxina http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/”






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
