A Mariña, 28 de setembro 2017. Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mantiveron na mañá de hoxe unha reunión co Comité de Empresa de Alcoa, na factoría de San Cibrao, reunión na que trataron a situación da asistencia sanitaria na comarca, que se veu deteriorando nos últimos anos desde a implantación da EOXI de Lugo en 2013 e que se vai ver agravada coa reforma lexislativa que o Partido Popular pretende impoñer agora, certificando e dándolle carta de “legalidade” á desaparición da Área Sanitaria da Mariña coa perda de moitos servizos sanitarios, tanto no Hospital da Costa como na atención primaria en todos os concellos, alonxándo estes servizos da cidadanía, e condeando a mariñás e mariñaos a ter que desprazarse en moitos casos á cidade de Lugo, ben ao HULA, do que agora vai depender o noso hospital, ou ben a clínicas privadas a donde o Sergas deriva e derivará ainda mais moitas operacións cirúrxicas, consultas e outros servizos.
A perda de servizos sanitarios na comarca aféctalle de xeito moi directo @s 2000 traballadores e traballadoras da factoría
Para o Comité de Empresa de Alcoa, esta é unha situación grave, e aféctalles de xeito especial aos 2000 traballadores e traballadoras que desenvolven a súa actividade laboral na factoría de San Cibrao, tendo en conta tamén os riscos aos que están sometidos no desempeño do seu traballo, que en ocasións poden derivar desgrazadamente en sinistros laborais.
A Plataforma continúa coa súa labor informativa. O domingo día 1 de outubro estarán na Festa da Faba en Lourenzá a partir das 11:30h
Os colectivos que integran a Plataforma continuan informando á poboación, percorrendo as localidades, celebrando asembleas. Hoxe xoves estarán en Mondoñedo, na Casa da Xuventude, mañá venres no Valadouro, na Casa da Cultura. E na próxima semana acudirán a San Cibrao, na Casa da Cultura o luns día 2, e o martes 3 en Foz tamén na Casa da Cultura. Todas as asembleas son ás 20:30h.
Continúa asimesmo asistindo aos mercados semanais das vilas e aos centros de traballo e comercios, informando de primeira mán á cidadanía e repartindo dípticos informativos e convidando @s mariñaos a asistir o día 5 de outubro á manifestación que terá lugar en Burela ás 20h para decir non á perda de servizos no Hospital da Costa e defender o mantemento da Área Sanitaria.
O domingo día 1 de outubro, membros da Plataforma asistirán á Festa da Faba en Lourenzá para distribuir información entre @s asistentes.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



