Lugo, 1 de setembro de 2017. No mes de agosto a Consellaría de Sanidade ven de presentar o Anteproxecto de Lei polo que modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Galiza. Presentación feita con nocturnidade e aleivosía, proba diso é telo feito en pleno período vacacional, sen diálogo previo nin na mesa sectorial, nin cos colectivos sociais, e con un prazo de presentación de alegacións de apenas 15 días.
Esta modificación vai provocar máis deterioro na sanidade pública, consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico en detrimento das necesidades dos usuarios e usuarias e afecta negativamente á calidade asistencial, pois o anteproxecto establece que a prestación de servizos sanitarios e a delimitación ds áreas se fará “tendo en conta os recursos sanitarios existentes”, deixando de priorizarse as necesidades sanitarias da poboación e prestarase o servizo sanitario en función dos recursos cos que o Partido Popular decida dotar á sanidade pública, que como é unha evidencia, non deixou de recortar desde que volveu ao goberno da Xunta.
Este deterioro da sanidade pública puido comprobarse xa desde a integración das áreas sanitarias da Mariña e Monforte na EOXI de Lugo, no ano 2010, cando o Partido Popular iniciou o deseño do desmantelamento das mesmas, e desde esa data o servizo asistencial no Hospital da Costa e no Hospital de Monforte e nos Centros de Saúde destas dúas comarcas viuse mermado e os problemas de funcionamento foron continuos. O feito de non contar con xerencia propia con capacidade de decisión, eliminou tamén a capacidade de xestionar os recursos desde o plano mais achegado ás e aos doentes. Tamén a Atención Primaria sufriu as consecuencias, xa que a perda das xerencias supuxo a perda de autonomía e a subordinación ao centro hospitalario de referencia, neste caso o HULA.
Con esta reforma da Lei 8/2008 do 10 de xullo suprímense as actuais áreas sanitariasde A Mariña e Monforte para crear unha área maior na súa extensión territorial, afastando deste xeito a resolución dos problemas da cidadanía e d@s traballadoras/es. Con esta modificación os hospitais de Burela e Monforte perden autonomía, capacidade de decisión e dirección e pasan a ser meros apéndices do HULA que ademais absorberá a inmensa maioría dos recursos. E o mesmo acontecerá coa Atención Primaria nestas dúas comarcas.
Tamén se lle aplican recortes á participación social: a composición tanto do Consello Galego de Saúde como dos Consellos de Saúde de Área deixa de estar recollida na Lei, e determinarase por decreto da Xunta. Retíraselle capacidade de control, emisión de informes e avaliación da execución política sanitaria, e só manteñen capacidade de asesoramento e consulta. Incluso suprime a procura dunha composición paritaria dos mesmos.
O Partido Popular desde a Xunta pretende levar a cabo esta modificación da Lei de Sanidade de Galiza sen aportar ningunha memoria económica ou de xestión que avalíe a creación da EOXI nin que explique o decreto de supresión das áreas e sen ter levado a cabo ningunha avaliación de cales foron as consecuencias para a sanidade pública galega da creación das EOXI.
O BNG manifesta a súa oposición a esta modificación, que significa confirmar o afastamento dun modelo sanitario de calidade, cercano á poboación, comunitario, participativo e orientado á prevención,.
Por iso, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal, a adopción do seguinte
ACORDO
Demandar da Xunta de Galiza as seguintes medidas:
1.Retirada do Anteproxecto de Lei polo que modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Galicia.
2.Mantemento das Áreas Sanitaria de Monforte e A Mariña para favorecer o coñecemento dos problemas de saúde das respectivas comarcas, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para @s usuari@s.
a.Descentralizar as tomas de decisión e respectar as competencias e a autonomía das Áreas Sanitarias.
b.Desenvolvemento dunha xerencia, próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria.
c.Posta en valor do Hospital de Monforte e do Hospital de Burela dotándoos do persoal, material e tecnoloxía necesarios para unha atención adecuada ás persoas do seu ámbito de actuación.
3.Poñer en marcha un plan de Mellora de Atención Primaria, como porta de entrada ao sistema sanitario, é un elemento chave para o sistema sanitario público galego.
a.Dotala cos recursos económicos, técnicos e humanos que sexan precisos para prestar un bo servizo e unha boa calidade asistencial.
b.Devolverlle a súa capacidade organizativa e de xestión e a recuperación de xerencia directa.
4.Proceder á constitución e convocatoria inmediata do Consello de Saúde das Área Sanitarias de Monforte e A Mariña.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



