Cervo, 26 de outubro de 2017.- A Casa do Concello de Cervo está estes día en obras para renovar as portas e ventás do edificio que ten case 30 anos de antigüidade, e que, tal e como apuntou o rexedor Alfonso Villares, precisaba desta actuación porque “o illamento térmico era moi baixo, e coa substitución da carpintería exterior lograremos mellorar notablemente a eficiencia enerxética do edificio; ao tempo que acondicionamos as oficinas para que o persoal municipal dispoña dun ambiente de traballo máis confortable, evitando eses contrastes bruscos de temperatura que existían ata o de agora”.
Villares sinalou que o orzamento ascende a 59.532 euros, procedentes da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia “a quen agradecemos a inversión” e recordou que vai uns meses o propio Vicepresidente, Alfonso Rueda, desprazouse ata Cervo, onde, ademais de supervisar outras obras, “percorreu as instalacións municipais e puido coñecer de primeira man as necesidades existentes”.
O rexedor recordou que é moi importante para nós manter todos os edificios municipais en bo estado e sinalou que é moita a inversión que hai que facer para o seu acondicionamento, porque ademais son moitos os que temos por todo o Concello, pero “sobre iso estamos a traballar, mobilizando cantidades importantes de diñeiro e buscando financiamento para ese fin”.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



