Ribadeo, 16 e outubro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, asinou nesta xornada un Bando, co obxectivo de erradicar os vertidos contaminantes que se detectan ao longo do municipio. O rexedor refírese aos producidos en Cinxe (A Devesa) e na Ponte (Arante), correspondentes á rede de pluviais e que “foron analizados nos últimos anos en numerosas ocasións evidenciando, entre outras, a presenza de contaminación de orixe fecal e deterxentes, o que presupón a existencia de vivendas que non contan con sistemas apropiados e están a verter irregularmente ao medio natural”.
No Bando sinala que “descoñecendo a orixe concreta destes focos de contaminación, e previndo a posible existencia doutros vertidos deste tipo ao longo do noso municipio, este Concello considérase unha vítima, xa que non está a producir estes vertidos directamente, e porque hai anos que a Xunta non inviste un só euro na ampliación do saneamento en Ribadeo, a pesares de que todos os ribadenses contribuímos na nosa factura co coeficiente de vertido”.
O rexedor engade neste escrito: “sorpréndenos que a Xunta teña esta belixerancia con Ribadeo nestes temas, cousa que non vemos en Concellos ben próximos ao noso e o que máis, tampouco vimos nestes 3 últimos anos, logo de denunciar unha infinidade de veces os vertidos de lixiviados que se producen no río Grande e que afectan ao consumo humano de auga potable do noso municipio”.
Suárez Barcia di que “temos que cumprir, e á vista dos resultados mostrados polas analíticas das augas pluviais tomadas en Cinxe e na Ponte, pregámoslles aos veciños destes lugares, así como á totalidade de Ribadeo, que adopten as medidas necesarias para evitar que se continúen a producir vertidos contaminantes como ata o de agora, pois é de obrigado cumprimento para todas as vivendas de Galicia que non dispoñan de rede de saneamento ter unha fosa séptica habilitada onde se recollan todas as augas residuais xeradas nos fogares, para posteriormente darlles a oportuna xestión”.
No Bando advirten que “se isto non é así, trataremos de identificar aos infractores e comunicarémosllo ao Ente Público de Augas de Galicia, véndonos na obriga de iniciar os expedientes sancionadores que procedan, extremo que non desexamos de ningún xeito”.


















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



