Ribadeo, 16 de novembro de 2017. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de aprobación inicial do plan especial das Catedrais. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que o Concello leva traballando moito tempo neste documento. Agora ábrese un período de exposición pública de 2 meses. Os redactores deste plan estarán o vindeiro martes, 21 de novembro, en Ribadeo para ofrecer explicacións polo miúdo tanto á Corporación Municipal como aos veciños e veciñas. A xuntanza coa veciñanza será ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O rexedor ribadense declarou que “no dia de hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia o anuncio de aprobación inicial do plan especial das Catedrais. Damos polo tanto un novo paso adiante, tal e como se indicaba no plan xeral de ordenación municipal que temos desde o 2014, que di que toda a zona circundante coas Catedrais, non só os arcos e os cantís, todo el deberá ser obxecto dunha ordenación a través da figura que vimos de aprobar agora inicialmente, para contribuír á preservación do patrimonio natural e cultural desta área protexida de singular valor paisaxístico e natural”.
Fernando Suárez lembrou que “despois de moitos meses de traballo por parte da empresa redactora á que lle tíñamos adxudicado este documento, despois de moitos informes solicitados e recibidos doutras administracións, especialmente da Xunta de Galicia, desexamos o maior acordo e consenso na elaboración deste documento. Estamos agora en condicións de dar este paso”.
O alcalde explicou que “o que vai seguir é un período de exposición pública para todo o mundo por un prazo de dous meses para que se examine e para facer cantas achegas se queiran facer en forma de alegación, para a continuación seguir tramitando no documento. Ben é certo que as medidas que se foron tomando nestes últimos tempos de ordenación daquela zona moi concretiña, son de carácter transitorio e faise necesario ordenar todo o espazo natural, como se fai nos grandes centros de atracción medioambiental na Europa moderna e avanzada, onde nos queremos mirar. Iso, nin máis nin menos, é o que pretende este documento”.
Suárez Barcia subliñou que “pretende mellorar a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, mellorar e regular o tránsito das vías de comunicación, dos elementos de urbanización inadecuados e dos impactos visuais notables. Tamén visto o forte incremento de visitantes que experimentou nos últimos anos, hai que ter en conta que no ano anterior houbo máis de 570.000 visitantes na praia, con expectativa de maior afluencia aínda, require da instauración de medidas para garantir un modelo turístico sostible. Con todos estes elementos que son o respecto polos usos tradicionais que nesa zona se desenvolven, a mellora e a ordenación do transporte privado e do público, tanto de autobuses como do tren que ten un papel moi importante aquí pendente de cumprir, queremos ofrecer ao mundo a nosa mellor cara, a nosa mellor disposición para que siga vindo xente para ben de Galicia, para ben da Mariña e para ben do concello onde se atopa que é o de Ribadeo”.
O rexedor ribadense anunciou que “este vindeiro martes, 21 de novembro, os redactores do plan vanse achegar a Ribadeo para ofrecer unha explicación polo miúdo do documento tanto á Corporación Municipal como á cidadanía en xeral. Para a cidadanía vai ser no auditorio municipal Hernán Naval ás oito da tarde. Tamén nas vindeiras horas estará colgado na páxina web municipal onde todo o mundo con comodidade desde a súa casa o poida consultar, descargar ou traballar con el”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



